Manuel Fariña: “é lamentábel o estado dos colexios do rural, e que o concelleiro responsábel non conteste nin sequera ao teléfono”
O portavoz municipal do BNG en Caldas, Manuel Fariña, denunciou que, a pesar de que o mantemento das instalacións é competencia municipal, os colexios do rural de Caldas de Reis están totalmente abandonados por parte do goberno municipal.
Así, o colexio de Carracedo ten portas cheas de couza, billas oxidadas e algunha aula co solo de corcho totalmente estragado; mentres no de San Andrés, non está o columpio, e a porta, que levaba meses con cristais rotos, está agora totalmente inservíbel e precísase unha nova; e nas catro escolas, os areeiros están sen area.
“É esta a maneira coa que o PSOE defende a educación pública? É isto o que merecen os nenos e as nenas do noso rural? Xa basta de tanta deixadez, de tanto abandono. Póñanse a traballar, que xa chegan tarde”, afirmou o portavoz nacionalista.
Fariña lembrou que a Dirección do Consello Escolar se puxo en contacto co BNG para denunciar estes feitos, logo de que co concelleiro responsábel non atenda ás súas chamadas nin as súas mensaxes.



