Home Pontevedra O Salnés O BNG denuncia o estado de abandono do parque canino de Adina

O BNG denuncia o estado de abandono do parque canino de Adina

- Anuncio -

Os nacionalistas advirten do deterioro dos aparellos e do valado perimetral, nunha zona na que transitan vehículos de xeito habitual 

O voceiro do Bloque, Fran Leiro, lembra este espazo foi impulsado polo anterior Goberno do tripartito e lamenta a incapacidade de Telmo Martín para manter en boas condicións  un espazo coma este, ao tempo que outros concellos da contorna están “a anos luz” no que á oferta de espazos para  mascotas se refire 

O grupo municipal do Bloque  Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia o estado de  abandono no que se atopa o parque canino. Esta instalacións, situadas  nas inmediacións da Casa de Cultura da Adina, presentan un aspecto  lamentable. Tal e como sinala o voceiro nacionalista, Fran Leiro, esta  situación “non é nova”, xa que o deterioro deste espazo, impulsado no  seu día polo Goberno local do tripartito, remóntase a moitos meses  atrás. A falta de interese por parte do Partido Popular e do alcalde,  Telmo Martín, en manter en boas condicións o parque queda patente no  mal estado no que se atopan boa parte dos aparellos. “Varios deles  están inutilizables, así como parte do mobiliario de madeira”, apunta  Leiro, que tamén amosa súa preocupación pola rotura do valado que  rodea o parque. “Non hai que esquecer que o este espazo se atopa a  carón dunha vía pola que circulan vehículos, polo que agora mesmo é  un perigo soltar ás mascotas no parque, xa que poden fuxir cara a  estrada, poñendo en risco a súa integridade e a dos condutores e  condutoras que circulen pola zona”, explica o concelleiro do Bloque. 

O mal estado no que se atopa o parque canino provocou que estas  instalacións conten cada vez con menos usuarios. Unhas instalacións,  que, segundo recordan desde o BNG, fixéronse realidade grazas ás  xestións efectuadas polo tripartito, que no ano 2016 acadou unha  achega da Deputación de Pontevedra de máis de 20.000 euros para facer realidade este proxecto. Os anteriores mandatarios apostaban por  habilitar o parque en Baltar, nunha zona máis céntrica. Coa chegada do  Partido Popular ao Goberno, a actuación estivo a piques de non  realizarse. “Pouco faltou para perder a subvención”, critica Fran Leiro,  que tamén entende que a falta de interese por parte de Telmo Martín á  hora de executar estas obras queda reflectida no emprazamento que se  elixiu, así como a falta de promoción e de sinalización do mesmo.  “Moita xente que vén a Sanxenxo nin sequera sabe que temos un  parque canino. Desde o Concello non se promociona o máis mínimo nin  se fai un mantemento mínimo”, denuncia o voceiro do BNG. Leiro ten  claro que en materia de mascotas Sanxenxo atópase “a anos luz” doutros municipios da contorna, como O Grove, Vilagarcía ou  Pontevedra, que contan con praias, parques e espazos “perfectamente  habilitados e debidamente coidados para cans e mascotas”.  

O abandono do parque canino “é un exemplo máis da nefasta xestión  de quen se considera un gran xestor, como é o señor Telmo Martín, a  quen lle gusta presumir que Sanxenxo é un destino turístico de  referencia, pero que é incapaz de dar resposta a unha demanda como  esta”, critica Fran Leiro. “Non hai que esquecer”, engade o nacionalista,  “que cada vez son máis os establecementos e locais que permiten  mascotas no seu interior, xa que tamén está a aumentar o número de  visitantes que viaxan cos seus cans. Pero parece que isto é algo que  descoñece o señor Martín, para quen a xestión do Concello no verán se  limita a actuar a 300 metros á redonda da praia de Silgar”, conclúe Leiro.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas