Marga Caldas: “O balance do goberno de Moldes e o PP non pode ser peor: cero investimentos, baixada do gasto corrente, deterioro dos servizos e do espazo público e redución do apoio aos colectivos culturais e sociais de Poio”
Hai unha evidencia, que xa é un clamor: o concello de Poio está cada vez máis sucio e abandonado. “A xestión de Moldes e o PP supuxo un claro deterioro do espazo público do noso concello, ben visíbel na limpeza viaria ou nos desbroces no rural, pero tamén na falta de apoio ao tecido deportivo, cultural e social, que tan importante labor realizan”, denunciou a portavoz nacionalista, Marga Caldas.
A súa xestión, a diferencia da do goberno anterior, é mala e repercute negativamente na calidade de vida dos veciños e veciñas, cada vez máis desatendidos e abandonados polo goberno municipal do PP.
“Mentres baixa o gasto corrente e o apoio ao importante labor que realizan os colectivos sociais, mentres os investimentos brillan pola súa ausencia, Moldes amplía os gastos en autobombo e en persoal de confianza. As veciñas e os veciños de Poio non se merecen un goberno tan irresponsábel e cunha xestión tan ineficaz”, concluíu Marga Caldas