HomePontevedraO BNG denuncia que a Xunta pon por diante o  negocio privado...

O BNG denuncia que a Xunta pon por diante o  negocio privado sobre a ciencia no proxecto do Pazo  de Lourizán 

- Anuncio -spot_img

Considera que Rueda quere entregarlle o Pazo a unha empresa hoteleira  despois de rehabilitalo con fondos públicos 

Luís Bará defende que se priorice e se promova a función do Pazo e a finca de  Lourizán como “centro de referencia do sector forestal galego” 

O BNG levou hoxe ao parlamento o proxecto de rehabilitación do Pazo de Lourizán e a  declaración BIC do conxunto, mediante preguntas formuladas polo deputado Luís Bará á  directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. 

Na súa resposta a directora xeral afirmou que a intención do goberno era facer a declaración do  Pazo de Lourizán como Ben de Interese Cultural, na categoría de monumento, antes de que  venza o prazo de 24 meses, o próximo 10 de maio. Cómpre lembrar que o procedemento foi  incoado o 10 de maio de 2023, coa publicación no DOG, e desde ese momento o ben xa conta coa  máxima protección. 

O deputado nacionalista tamén puxo de relevo que a Xunta promoveu a declaración como BIC  para obter fondos públicos para a restauración do edificio e a súa dedicación a usos turísticos,  mais non conseguiu axudas dos fondos Next Generation na convocatoria do ano pasado. 

Compatibilidade da protección integral coa reforma para facer un hotel e restaurante 

A directora xeral non foi quen de responder en que medida esta protección integral é  compatible coa pretensión de facer un hotel de 4 estrelas e un restaurante no Pazo, tal como se  describe na memoria para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de  execución que acaba de licitar XERA, a Axencia da Industria Forestal. Bará sinalou que esta  proposta obriga á demolición interior de gande parte do edificio e a unha nova distribución de  espazos para 18 habitacións, 2 suites, restaurant, cafetaría, etc. 

Tampouco deu explicacións a directora xeral sobre o encaixe no BIC do novo edificio que se  prevé construir (Novo Pavbillón Polivalente), que para o deputada nacionalista máis parece un  salón de “vodas, banquetes e comunións”. 

Outras actuacións que poderían non ter encaixe no BIC son a transformación do antigo  sequeiro nun bar ou a reestruturación de todo o sistema de accesos e estacionamento. 

Privatización fronte a uso público, cultural e científico 

De todo o proceso seguido até agora, para o BNG queda claro que a intención da Xunta é dedicar  a maior parte do conxunto a usos hoteleiros e hosteleiros, e reducir progresivamente a función  de Lourizán como centro de referencia do sector forestal. Bará afirmou que “o CIF de Lourizán  está en mínimos, nun proceso continuado de desmantelamento, con cada vez menos medios,  menos espazos e menos persoal”. Nesta estratexia de privatización, Rueda pretende reservar  espazos para ENCE, empresa da que xa dixo que podería poñer recursos económicos para a  recuperación do conxunto. “Outro caso de greenwasing de libro”, sentenciou Bará.

Publicacións Relacionadas