Home Pontevedra O BNG denuncia que o Goberno de Caballero négalle o acceso a...

O BNG denuncia que o Goberno de Caballero négalle o acceso a información sobre a campaña publicitaria de Vitrasa

- Anuncio -

O concelleiro de Fomento incumpre o Regulanento Orgánico do Pleno e a lexislación vixente ao non facilitar a información e acceso aos expedientes municipais sobre a campaña “Móvete por Vigo, mellor no Vitrasa” 

Xabier P. Igrexas: “A pel fina ou a alerxia autoritaria a calquera crítica non vai impedir que o BNG, como forza da oposición, exerzamos a nosa labor de control e fiscalización do Goberno municipal” 

O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar un novo intento por parte do Goberno municipal de Abel Caballero de impedirlle o acceso a información municipal. Desta volta é o concelleiro de Fomento, Javier Pardo, quen se nega atender a solicitude de información e acceso a expedientes formulada polo BNG para coñecer quen encargou a campaña publicitaria “Móvete por Vigo, mellor no Vitrasa”, que aparece en diferentes soportes publicitarios co logotipo do Concello.  

Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, “é moi sospeitoso que o Goberno municipal tente impedir que se poida coñecer quen encargou esa campaña, con que obxectivos e finalidade e, sobre todo, quen a paga”. “Que é o que quere ocultar Abel Caballero? Que é o que non queren que se saiba?”, interrogou. 

Igrexas cualificou de  “delirio propio de autócratas” que a resposta asinada polo concelleiro de Fomento rexeite ilegalmente facilitar esa información por causa do seu particular desacordo coa parte expositiva do escrito. Nel o BNG advertía que resultaría un escándalo que se financiase con diñeiro público unha campaña que só persegue branquear a actual empresa concesionaria diante do crecente malestar veciñal pola grande precariedade na que se está a prestar o servizo de bus urbano. “Sorprende que na súa resposta, o concelleiro de Fomento o que non contestase é o feito de que continúa a haber 154 frecuencias recortadas no bus durante as fins de semana”, subliñou. 

O portavoz municipal nacionalista advirte que non van entrar nas provocacións do Goberno de Caballero. “O único que vamos facer é lembrarlle a obriga legal, de acordo co previsto no Regulamento Orgánico do Pleno do Concello e da lexislación vixente, de que nos faciliten esa información nun prazo de cinco dias naturais que vence este domingo dia 19.  Que se deixen de contos e dean conta do que fan”. 

“A pel fina ou a alerxia autoritaria a calquera crítica non vai impedir que o BNG, como forza da oposición, exerzamos a nosa labor de control e fiscalización do Goberno municipal, sobre todo cando do que se trata é do uso dos recursos do Concello, do diñeiro de todas as viguesas e vigueses”, remachou Igrexas.

Relacionadas

Vilaboa habilita unha canle de whatstpp para facilitar a comunicación coa veciñanza

0
Súmase á APP provincial “Meu Concello” que permite á cidadanía trasladar incidencias ou danos ao Concello desde o teléfono móbil O Concello de Vilaboa habilita...

A Xunta contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais no concello...

0
Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a incidencia tras a notificación dunha alerta recibida polos servizos de emerxencias A Consellería de Medio Ambiente e...

A Deputación supervisa en Poio os traballos de conservación de firme na estrada provincial...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, visitou xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, esta actuación na que se están a investir 80.000 euros...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

A Deputación presenta en Portas os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Portas para dar a coñecer as bases dos programas...

Publicacións Relacionadas