Presenta unha ampla programación xunto á organización xuvenil Galiza Nova que inclúe un acto político co portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, actividades culturais e palestras para quentar motores cara á manifestación nacional en Compostela o 25 de xullo
- Luns 14 de xulloMesa redonda ‘Feminismo e nacionalismo’
- Martes 15 de xulloActo público ‘Galiza contra as guerras do Imperialismo’
- Mércores 16 de xulloCarpa de reparto
- Venres 18 de xulloPalestra ‘De Castelao a Reboiras, a forza transformadora do nacionalismo’
- Sábado 19 de xulloCarpa de reparto
- Xantar popular
- Luns 21 de xulloPalestra Galiza Nova ‘Emancipación da mocidade’
Carmela González: “Dende o corazón da nosa cidade apelamos a todas as viguesas e vigueses a se sumar ao latexo dunha nación que está en marcha pola súa soberanía”
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo vén de iniciar este sábado a VIII Semana da Patria Galega coa despregadura dunha bandeira xigante de Galiza na Porta do Sol. A fronte nacionalista presenta unha ampla programación, xunto á organización xuvenil Galiza Nova, que inclúe un acto político co portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, actividades culturais e palestras para quentar motores cara ao Día da Patria e a manifestación nacional en Compostela o 25 de xullo.
“Dende o corazón da nosa cidade apelamos a todas as viguesas e vigueses a se sumar ao latexo dunha nación que está en marcha pola súa soberanía”, afirmou a responsábel local e deputada no Parlamento galego, Carmela González, asegurando que “o cambio en Galiza xa iniciou en Vigo” co resultado histórico das pasadas eleccións galegas onde o Bloque foi por primeira vez a forza máis votada.
Para o BNG a “forza imparábel da cidade é vital” para que Galiza avance nun novo marco político que fortaleza o autogoberno e poña fin a case dúas décadas de “abandono e castigo” por parte da Xunta gobernada polo PP. “Termos máis soberanía significa poñer os nosos recursos ao servizo das case 300.000 galegas e galegos da nosa cidade, aos que chamamos a se unir ao anceio de Castelao por unha Galiza soberana”, defendeu.
Nese camiño, valorou González, é preciso fortalecer o autogoberno superando o actual marco político e cun novo concerto económico que permita a “Galiza ter chave dos nosos cartos para garantir os dereitos sociais en favor das clases populares e traballadoras, blindar os servizos públicos e a protección do medio ambiente”.
A responsábel local do Bloque convidou á cidadanía viguesa a participar da ampla programación da Semana da Patria Galega, que chega este 2025 á súa oitava edición con actividades culturais e palestras, así como actos na rúa coa instalación de carpas informativas en diferentes puntos da cidade, para chamar a unha grande mobilización nacional o 25 de xullo en Compostela.
Entre elas, destacou o acto político central intitulado ‘Galiza contra as guerras do imperialismo’, que vai contar coa intervención do portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentado polo portavoz municipal en Vigo, Xabier P. Igrexas, este vindeiro martes 15 de xullo ás 20h na Évame Oroza (Subida á Costa 5, Vigo).
A programación organizada polo BNG quere tamén poñer en valor dúas figuras fundamentais coa palestra ‘De Castelao a Reboiras, a forza transformadora do nacionalismo’, no 75 cabodano de Castelao e cando se cumpren 50 anos do asasinato de Reboiras. O acto contará coa intervención da deputada do BNG Montse Prado, presentado pola responsábel local, o venres 18 de xullo ás 20h na Contenedora (rúa Eduardo Iglesias 11, Vigo)
Programación VIII Semana da Patria Galega en Vigo
Luns 14 de xullo
Mesa redonda ‘Feminismo e nacionalismo’
· 20:00h
· A Morada
· Intervencións: Pilar Allegue, Marta Gómez e Carme Adán
Martes 15 de xullo
Acto público ‘Galiza contra as guerras do Imperialismo’
· 20:00h
· Évame Oroza
· Presenta: Xabier P. Igrexas
· Intervención: Néstor Rego
Mércores 16 de xullo
Carpa de reparto
· 19:00h
· MARCO
Venres 18 de xullo
Palestra ‘De Castelao a Reboiras, a forza transformadora do nacionalismo’
· 20:00h
· A Contenedora
· Proxección do audiovisual: ‘A volta de Castelao’ (20’)
· Presenta: Carmela González
· Intervención: Montse Prado
Sábado 19 de xullo
Carpa de reparto
· 11:00h
· Mercado do Calvario
Xantar popular
· 14:00h
· Restaurante Asador O Rancheiro
Luns 21 de xullo
Palestra Galiza Nova ‘Emancipación da mocidade’
· 20:00H
· Libraría Cartabón

