Home Pontevedra A Lama O BNG esixe a anulación do concurso-oposición da praza de de bibliotecaria...

O BNG esixe a anulación do concurso-oposición da praza de de bibliotecaria na Lama e pide que se volva convocar con criterios igualdade, transparencia e xustiza

- Anuncio -

O BNG denuncia un proceso cheo de irregularidades, desde as bases até o tribunal, e levará o tema ao Parlamento

O deputado do BNG, Luís Bará, acompañado polos candidatos á alcaldía de A Lama, Antonio Barreiro, Ponte Caldelas, Sol Seoane, Cerdedo-Cotobade, Ernesto Filgueira, e membros das candidaturas de Ponte Caldelas Campo Lameiro, achegouse hoxe até o concello de A Lama, para denunciar o proceso viciado, pragado de irregularidades da convocatoria de praza de bibliotcaria na Lama, desde as bases, os exames e tribunal examinador.

Este cúmulo de irregularidade fai que o BNG pide a anulación de todo o procedemento e vai presentar o correspondente escrito no concello da Lama.

A maiores, suliña, o deputado nacionalista, “danse unha serie de circunstancia como que a persoa supostamente beneficiaria é o candidato do PP no concello de Ponte Caldelas”, polo que o BNG vai levar o tema ao Parlamento, pedindo explicacións sobre os contratos que esta persoa con concellos gobernados polo PP na comarca, como asesor e como responsábel de comunicación. A maiores o BNG vai preguntr se esa persoa ten contratos coa Xunta.
“O BNG vai pedir transparencia, luz e taquígrafos para acabar co enchufismo e o trato de favor, e que se garanta que as convocatoria das prazas se fagan en igualdade de condicións, con transparencia e con xustiza”, concluíu Luís Bará.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía de A Lama, Antonio Barreiro, salientou que é un proceso pragado de irregularidades, dende as propias bases, onde temarios da parte xeral pasaron a específicos, pola composisicón do tribunal, onde moitos son coñecidos membros vinculados ao PP, e pola característica da persoa supostamente beneficiaria, que é o candidato desa forza política no concello de Ponte Caldelas.

Barreiro fixo fincapé tamén na falta de transparencia do concello de A Lama, ao borrar as bases da súa páxina web. Por todas estas irregularidades, pedimos a anulación do actual proceso e a convocatoria dun novo proceso selectivo transparente e que garanta a igualdade das persoas que concorran ao mesmo.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas