Home Pontevedra Caldas O BNG esixe a reprobación do Director Xeral de Atención Primaria, Jorge...

O BNG esixe a reprobación do Director Xeral de Atención Primaria, Jorge Aboal, polo seu desprezo aos veciños e veciñas de Caldas

- Anuncio -

Manuel Fariña esixe que a Xunta modifique o Plan funcional do PAC para dotalo de dous equipos completos por turno

Unha vez máis o BNG leva ao vindeiro pleno municipal unha moción para esixir melloras na atención primaria de Caldas. En palabras do portavoz municial, Manu Fariña, “a veciñanza non se pode permitir sufrir demoras superiores as 3 horas para unha atención médica, porque a Xunta decidira reducir o persoal médico, o que obriga aos facultativos a atender a máis de 70 pacientes por turno.

“E fronte a isto, fronte as denuncias dos propios profesionais e das constantes mostras de rexeitamento por parte da veciñanza aos recortes na atención primaria no noso concello, temos que ver como o Director Xeral de Atención Primaria, Jorge Aboal, afirmou en tono burlesco que se a xente esperaba tanto era porque podían esperar e os seus problemas non eran tan urxentes” palabras que o edil nacionalista non dubidou en calificar como non só un descoñecemento da realidade do concello, senón como unha falta de respecto á veciñanza de Caldas de Reis.

Por iso o BNG solicita que o pleno do concello reprobe a Jorge Aboal e esixa á Xunta de Galiza que modifique o Plan Funcional do PAC de Caldas para dotalo de dous equipos de profesionais completos en cada turno, de xeito que se garanta a presenza de dous médicos e dous enfermeiros no servizo de urxencias extrahospitalarias

“Dende o BNG imos seguir traballando día a día para que os veciños e veciñas de Caldas conten coa Sanidade pública de calidade que merecen, e pola que tanto levan loitado” concluiu Fariña.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas