O BNG esixe a Telmo Martín que aproveirte o novo convenio do GES para reforzar persoal e mellorar o servizo dde emerxencias

adminON
Lectura mínima de 4

O voceiro nacionalista, Fran Leiro, lembrou no Pleno deste luns que en 2024 houbo moitos días nos que os profesionais non puideron atender incendencias e se viron na obriga de afrontar gardas cun só profesional operativo, por orde expresa do alcalde 

O Bloque incidiu na necesidade de que o novo convenio, que  contempla un incremento orzamentario importante, tamén  redunde en cuestións básicas como cubrir baixas e vacacións  dos traballadores 

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo votou a favor da aprobación do novo convenio do Grupo Supramunicial de Emerxencias (GES), que estará vixente entre 2025 e 2027. Foi nun debate no que o voceiro nacionalista, Fran Leiro, deixou claro que este acordo é “positivo” para a veciñanza, sempre e cando o Goberno local do Partido Popular faga unha xestión axeitada do servizo, algo que está a brilar pola súa ausencia e que empeorou notablemente nos últimos anos. 

Na súa intervención, Leiro lembrou que, a pesar dos incrementos nas contías deste tipo de convenios que se asinan con outras administracións, non se incrementou o persoal. “É insólito que este departamento nin sequera sexa reforzado no verán, cando a pobación aumenta de xeito exponencial non só aquí en Sanxenxo, senón tamén noutros concellos limítrofes nos que o GES ten que actuar, como O Grove, Poio o Meaño”, denunciou o concelleiro do Bloque. O grupo nacionalista insistiu unha vez máis en que foron moitos os días nos que

o Servizo de Emerxencias non puido atender incidenciais durante o pasado ano, ao non contar cun número mínimo necesario de efectivos. “Fixéronse moitas gardas cun só traballador operativo. A situación debe cambiar, porque estase a poñer en risco a seguridade das persoas”, lamentou Fran Leiro, que recorda, asemade, que o Concello xa tivo que facer fronte a unha sentenza xudicial que obrigou ao pago diario dunha multa de 300 euros mentres non se dise cumprimento á resolución que insta á Administración local a que garanta o funcionamento con número mínimo de efectivos. 

Os nacionalistas recalcan que o convenio é algo positivo para Sanxenxo e por iso votaron a favor, pero “é algo que ten que redundar nun reforzo do servizo. O Partido Popular conta con recursos para cubrir baixas e reforzar o persoal, pero é algo que o señor Telmo Martín négase a facer por activa e por pasiva”. Estes feitos deron lugar a situacións como a vivida o pasado 31 de decembro, cando o Goberno municipal contratou a unha empresa privada para garantir a seguridade durante a celebración dun espectáculo pirotécnico no Porto Deportivo Juan Carlos I. Leiro desvelou durante o Pleno ordinario que esta empresa elaborou un Plan de Emerxencia que incluía tarefas específicas para o Servizo de Emerxencias. “O alcalde e o responsable de Seguridade asinaron ese documento a sabendas de que ese día non había servizo, ao que hai que sumar o sinsentido de pagar cartos a unha empresa privada por unha prestación coa que xa conta o propio Concello”, rematou Leiro.

Comparte este artigo