Home Pontevedra O BNG esixe ao PP que deixe de xogar coas institucións de...

O BNG esixe ao PP que deixe de xogar coas institucións de Vigo como os seus “pendellos para apoltronar cargos”

- Anuncio -

A fronte nacionalista censura que os populares utilicen o Porto e a Delegación da Xunta como “unha especie de senados locais nos que ter en reserva os seus cadros fracasados”

Xabier P. Igrexas: “Sería inxustificábel que por segunda vez a candidata do PP á alcaldía de Vigo fuxa do seu desempeño na oposición para se garantir un mellor postiño”

O Bloque Nacionalista Galego esixe o Partido Popular que deixe de xogar coas institucións de Vigo como os seus “pendellos para apoltronar cargos”. A fronte nacionalista censura que os populares utilicen a Autoridade Portuaria e a Delegación da Xunta como “unha especie de senados locais nos que ter en reserva, con importantes retribucións, os seus cadros fracasados”.

Así o denunciou este mércores o futuro portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que considerou “indecente” o baile de nomes no PP para ocupar estes postos. Nese sentido, interpelou á candidata do PP, Marta Fernández-Tapias, para que aclare se vai tomar posesión da súa acta como concelleira ou, pola contra, se vai “atrincheirar” na Delegación da Xunta ou nalgunha Secretaría Xeral, como se está a rumorear nos últimos días.

“En termos democráticos sería inxustificábel que por segunda vez a cabeza de lista do PP na cidade fuxa do seu desempeño na oposición para se garantir un mellor postiño”, advertiu Igrexas, que asegurou que esta decisión suporía unha “nova estafa” ao seu propio electorado. “O Concello de Vigo non é un segundo prato, as viguesas e os vigueses non merecen ese desprezo”, afirmou.

Na mesma liña, chamou a poñer fin “dunha vez por todas ao maltrato” que o PP ten demostrado cara a Autoridade Portuaria de Vigo, por considerala só como “unha fonte de grandes salarios para os seus cargos”. Así, salientou o papel do Porto como “grande tractor económico” da cidade, que xera máis de 50 mil postos de traballo directos e indirectos. “Unha institución chave para a base produtiva de Vigo non merece acabar presidida por segundóns do aparato do PP local como Miguel Fidalgo”, remachou.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas