O BNG esixe medidas urxentes en políticas de vivenda diante dos desorbitados prezos

adminON
Lectura mínima de 2

Baiona é o concello galego máis caro para comprar vivenda cun prezo de 2.850 € por metro  cadrado 

Empresas de taxación de vivendas e portais especializados en venta veñen de confirmar  recentemente que Baiona xa é o concello galego máis caro para comprar unha vivenda.  Lidera esta clasificación cun custe medio de 2.850 €/m2 superando a Sanxenxo (2.845 €/m2),  e as grandes cidades do país: A Coruña (2.737 €/m2), Santiago (2.555 €/m2), Vigo (2.475  €/m2) ou Pontevedra (2.210 €/m2

O Bloque Nacionalista Galego esixe á Xunta de Galiza actuar con urxencia ante a cada vez  maior dificultade das baionesas e baioneses para acceder a unha vivenda xa que, con este  prezo, a compra dunha vivenda de 70 m2 chega a 200.000 € e unha de 100 m2 alcanza os  285.000 €. Estes prezos son prohibitivos para a grande maioría das persoas en xeral, e  para a mocidade en particular. 

Os nacionalistas apuntan que a falla de planificación urbanística, a presión dos pisos  turísticos e a constante inacción por parte do Partido Popular producen este grave problema.  Así, Baiona conta con máis de 1.000 vivendas desocupadas e máis de 2.000 residencias  secundarias. 

O BNG sinala como fundamental ordenar e aumentar o parque público, ben sexa mediante  nova construción ou mediante a adquisición de inmóbeis sen uso, como alternativa para  solucionar este problema residencial que expulsa e dificulta, cada vez máis, á veciñanza de  Baiona poder vivir no seu concello.

Comparte este artigo