O BNG fará fincapé na ameaza de ALTRI para o río Ulla no acto político que se celebrará en Valga con motivo das eleccións europeas

adminON
Lectura mínima de 1

Domingo 2 de xuño ás 12.30 h. na praia fluvial de Vilarello (Valga)

O Bloque Nacionalista Galego, no marco da campaña das eleccións europeas do 9 de xuño, que presenta Ana Miranda como candidata ao Parlamento Europeo, organiza un acto público aberto o domingo 2 de xuño ás 12.30 horas na praia fluvial de Vilarello.

Neste encontro, no que se porá o foco no río Ulla e a afección que sobre este suporía a instalación da macrocelulosa de Altri augas arriba en Palas de Rei, participarán Fran Devesa, portavoz municipal do BNG de Valga, Antía Alberte, ambientóloga e candidata, e Luis Bará, deputado no Parlamento Galego.

Comparte este artigo