Home Tabeirós A Estrada O BNG impulsa unha moción para reclamar ao Ministerio de Transportes melloras...

O BNG impulsa unha moción para reclamar ao Ministerio de Transportes melloras de seguranza vial na N-640

- Anuncio -


A moción tamén reclama ao goberno do Estado a construción da Variante, así como mellorar a capa de rodadura da N-640 ao seu paso polo concello

O BNG da vén de rexistrar, a través do seus concelleiros, Xoán Reices e Vanesa Iglesias, unha moción que se someterá a aprobación do pleno para reclamar ao goberno do estado melloras na seguranza vial na N-640 ao seu paso pola concello, así como impulsar a Variante e mellora na capa de rodadura na citada estrada.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “nos últimos seis anos contabilizáronse 9 accidentes, dous deles con vítimas mortais. O último accidente produciuse hai só dous días, o pasado 2 de abril, cando unha muller foi arroiada preto do concello e sufriu feridas de diversa consideración”. “Desde hai anos o BNG vén reclamando medidas de seguranza para atallar este rosario de atropelos, mais até o de agora o Ministerio de Transportes non moveu ficha, por iso impulsamos unha moción  para se unha declaración unánime do pleno do concello logra torcer a a vontade do goberno estatal”, afirma.

Xoán Reices explica que “os datos poñen claramente en evidencia que existe a necesidade de reforzar as medidas de seguranza viaria tanto no núcleo urbano como nas distintas parroquias do municipio; os datos falan por si mesmos e non caben xa escusas ou demoras para dar solución a un problema que causa alarma entre os veciños e veciñas.”

“Desde o noso punto de vista,” engade Reices, “a solución de fondo consiste en diminuír o paso de vehículos do centro da Estrada coa construción da Variante. Esta é a única alternativa para reducir o tráfico e con iso, reducir tamén o perigo que supón o incesante tráfico nesta vía. Con todo, é un proxecto que leva décadas de atraso, con trámites burocráticos que non avanzan, como así o indica o Ministerio en resposta a unha pregunta o noso deputado Néstor Rego”.

“Como é sabido”, explica Reices, “o BNG da Estrada deu colocado a Variante no acordo de investidura de Pedro Sánchez, que comprometía ao goberno a impulsar a construción desta infraestrutura antes de rematar a lexislatura”. “Con esta moción que levamos ao pleno”, engade o concelleiro do BNG, “queremos reforzar ese compromiso do goberno estatal coa reclamación unánime -ou iso agardamos- de todos os partidos con representación municipal”.

Por outra parte, con esta moción o BNG tamén reclama ao goberno estatal melloras na capa de rodadura da N-640 ao seu paso polo concello da Estrada. “Esta estrada ten unha notábel falta de mantemento por parte do organismo titular desta vía”, explica Reices, “na que se poden apreciar innumerábeis fochancas ao longo do seu percorrido, así como outro tipo de irregularidades, que fai moi difícil a circulación do tráfico con seguranza e comodidade.” “Isto é inadmisíbel e non podemos consentir que a N-640 se converta nunha corredoira”, afirma.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas