A formación nacionalista advirte de que existen numerosos pasos de peóns en diferentes rúas do concello que están practicamente borrados, o que dificulta a súa visibilidade e pode supor un risco para a seguridade das persoas viandantes.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) trasladou, no pleno celebrado o pasado 12 de marzo, un rogo ao goberno local do Partido Popular (PP) para que proceda á revisión de todos os pasos de peóns do concello e execute o seu repintado ante o evidente deterioro que presentan.
A formación nacionalista advirte de que existen numerosos pasos de peóns en diferentes rúas da vila que están practicamente borrados, o que dificulta a súa visibilidade e pode supor un risco para a seguridade das persoas viandantes.
A portavoz municipal, Lucía Santos, instou ao Goberno local a atender os asuntos do día a día que son de competencia municipal, como é a revisión periódica dos pasos de peóns para determinar cando cómpre actuar. Segundo sinala, é necesario evitar que cheguen a unha situación de abandono pola falta de previsión da equipa de goberno, algo que pode acabar afectando á seguridade viaria.
Nese sentido, o BNG reclama un plan de actuación que recolla intervencións periódicas.



