Fariña salienta que na actualidade hai 40 persoas en lista de espera, entre elas 10 grandes dependentes
“Os servizos sociais de Caldas están colapsados”, afirmou o portavoz nacionalista, Manuel Fariña, ao constatar que existen corenta persoas en lista de espera, das que dez son de grado 3, é dicir, grandes dependentes.
Para o BNG, afirmou Fariña, “resulta imprescindíbel aumentar as horas de atención e mellorar o servizo para poder atender como se merecen as persoas dependentes que máis o necesitan, por iso instamos ao alcalde e o seu grupo de goberno a que deixen de estar de brazos cruzados e actúen dunha vez para solucionar os graves problemas que teñen a día de hoxe os nosos veciños e veciñas con dependencia”.
“Trátase dun tema xustiza que afecta á calidade de vida de persoas e, polo tanto, urximos a actuar con celeridade e eficacia para solventar este grave problema”, concluíu o portavoz nacionalista