HomePontevedraO SalnésO BNG lamenta que Temo Marín e Alfonso Rueda "presuman da carencia...

O BNG lamenta que Temo Marín e Alfonso Rueda “presuman da carencia de servizos e investimentos” que padece Sanxenxo

- Anuncio -spot_img

Os nacionalistas lembran que a Xunta de Galicia segue sen mover ficha no desenvolvemento do enlace entre o polígono e Vilalonga e mantén en situación de máxima precaridade os Centros de Saúde, mentres que o alcalde o presidente autonómico celebran un mitin en Nantes “que foi puro fume”

O Bloque insta ao PP a que “deixe de tomar o pelo á nosa veciñanza” e que facilite que o Concello “consiga os investimentos e os proxectos históricos que demanda a cidadanía”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo insta ao Partido Popular, ao alcalde, Telmo Martín, e ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda a que “deixen de vender fume e de tomarlle o pelo á nosa veciñanza” e traballen para que o Concello dispoña dos investimentos e dos proxectos históricos que permanecen no esquecemento desde hai décadas.

Os nacionalistas reaccionan deste xeito ao mitin electoral que a cúpula do PP protagonizou en Nantes esta pasada fin de semana, nun evento que, ademais, impediu o uso do pavillón polideportivo durante varios días. “Xa non é a primeira vez que sucede algo así, tal e como nos trasladan moitos veciños e veciñas da parroquiai”, advirten desde o Bloque. Por se fose pouco, o acto celebrado polos ‘populares’ só serviu para confirmar “o que desde o BNG vimos denunciando desde hai tempo: Telmo Martín só ten promesas baleiras e fume para afrontar o que resta de mandato”. O grupo da oposición tilda de “inaudito” que Martín e Rueda presuman da situación de Sanxenxo, tal e como aseguraron durante o acto electoral. “Para o alcalde e para o presidente da Xunta é un motivo de orgullo que os Centros de Saúde estean colapsados, que o Goberno local do PP suba impostos cando prometeu baiados e que haxa varias actuacións e investimentos prometidos que non se fan realidade”, critican desde o Bloque Nacionalista Galego, que, precisamente, pon como exemplo o estado da parroquia de Nantes, que “exemplifica á perfección o desinterese do señor Martín polo rural, con espazos públicos e pistas en mal estado e sen un servizo de transporte, longamente demandado, que facilite ás persoas maiores poder desprazarse ata os núcleos”. Para os nacionalistas, asemade, resulta irónico o feito de que o Partido Popular escolla Nantes “para vender fume”, algo que “é precisamente o que fixo Telmo Martín con esta localidade durante décadas. A día de hoxe seguimos a agardar pola conexión do polígono con Vilalonga ou co desenvolvemento da Cidade Deportiva que o alcalde prometeu facer en Nantes hai xa máis de 20 anos. Son proxectos megalómanos que só serviron para enganar á cidadanía”, denuncian desde o Bloque.

O BNG ten claro que este tipo de actos “só buscan desviar a atención, cando a realidade é que Sanxenxo cada vez conta con peores servizos e sofre un trato discriminatorio por parte da Xunta de Galicia, a pesar de ser do mesma cor política que Telmo Martín. O alcalde ten moita capacidade para facer promesas que despois non cumpre, pero non é quen de conseguir que os Centros de Saúde conten co persoal suficiente ou que se axilicen actuacións de primeira necesidade para a cidadanía”, conclúen os nacionalistas.

Publicacións Relacionadas