Home O Morrazo Marín O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de espazos para mascotas caninas

- Anuncio -

A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín anuncia o lanzamento dunha campaña de recollida de sinaturas para solicitar ao goberno municipal a creación de áreas recreativas específicas para mascotas caninas no concello. Esta iniciativa busca mellorar a convivencia e a integración das mascotas na vida comunitaria dos espazos públicos.

A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña. Este evento permitirá á veciñanza a expresar o seu apoio para a proposta, que inclúe a implementación de áreas onde os cans poidan estar soltos sen risco de sancións e onde se minimicen os problemas de seguridade.
En xuño de 2022, o BNG xa tiña presentado unha moción solicitando a creación dun parque canino nos terreos do INVIED, xunto ao río Lameira. A demora en atender esta necesidade social levou ao BNG a tomar acción directa para recoller o apoio popular necesario para urxir ao goberno municipal a actuar.
“É vital que o noso concello recoñeza a importancia das áreas de esparcemento para as mascotas, que non só benefician aos animais senón tamén aos seus propietarios e á comunidade en xeral” afirmou Lucía Santos, portavoz municipal. “Esperamos que esta campaña axude a impulsar a creación de espazos seguros e agradables para todos.”
O BNG convida a todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña e a axudar a facer do noso concello un lugar máis inclusivo e amigable para as mascotas.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas