Sol Seoane insta ao alcalde a coidar o patrimonio da vila, como mellor xeito de evitar os actos vandálicos
“O abandono é o caldo de cultivo para o vandalismo” afirmou a portavoz do BNG, Sol Seoane, a raiz das recentes pintadas de dous rapaces do pobo na capela do Balneario, propiedade do Concello de Ponte Caldelas.
Desde o BNG condenamos a actitude vandálica dos rapaces sobre un ben patrimonial do noso concello, pero é certo que “o estado de absoluto abandono da capela e a súa contorna por parte do goberno municipal facilita que se produzan este tipo de actos vandálicos”.
Polo tanto, desde o BNG “instamos ao alcalde a que traballe para manter en bo estado o noso patrimonio, tanto natural como cultural, que a día de hoxe deixa moito que desexar, porque nun espazo coidado é máis difícil que se produzan actos vandálicos como os que se deron na capela do balneario”. Neste sentido, a portavoz nacionalista incidíu na necesidade de actuar sobre as pasarelas do Verdugo ou os petróglifos, na actualidade totalmente abandonados.



