HomePontevedraPonte CaldelasO BNG lémbralle ao alcalde de Ponte Caldelas que a casa de...

O BNG lémbralle ao alcalde de Ponte Caldelas que a casa de Caritel xa está cedida ao concello desde 2013 por un periodo de 30 anos

- Anuncio -spot_img

Sol Seoane “Unha de dúas: ou Andrés Díaz minte ou non sabe de que fala”

O pasado 13 de xuño, os medios de comunicación recollían a nova de que o alcalde de Ponte Caldelas reclamaba da Xunta a transferencia ao Concello da casa de Caritel, previo acondicionamento, para empregala como un centro de día público.

Compre lembrar que a casa de Caritel xa foi cedida ao concello no ano 2013 por un periodo de 30 anos, para ser usada como vivenda social para familias residentes no concello e en situación de emerxencia social. Polo tanto, a solicitude do alcalde para que a Xunta de Galiza lle transfira dito inmoble, está fóra de lugar, porque xa é da súa competencia.

A portavoz municipal do BNG, Sol Seoane, lembra que “a casa de Caritel ten serios problemas de accesibilidade, e que o BNG contemplaba no seu programa electoral a rehabilitación do inmoble para o uso acordado co Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galiza: vivenda social para familias residentes no concello e en situación de emerxencia social”.

Publicacións Relacionadas