HomePontevedraCaldasO BNG leva ao Parlamento a percepción irregular de indemnizacións polo grupo...

O BNG leva ao Parlamento a percepción irregular de indemnizacións polo grupo de goberno do PP de Valga

- Anuncio -spot_img

O deputado nacionalista Luís Bará solicita á Xunta que reprobe estes feitos e colabore co Consello de Contas na erradicación destas prácticas ilegais

O BNG fai tamén referencia aos cobros irregulares detectados por Contas en Catoira, Trazo e Vilasantar

O BNG rexistrou hoxe unha batería de iniciativas parlamentares en relación co Informe do Consello de Contas“Anteproxecto de informe de fiscalización horizontal sobre percepcións económicas non salariais e indemnización de gastos efectivos en entidades locais: indemnización por razón de servizo, asistencias e otros cargos”, dado a coñecer a pasada semana.

Unha das conclusión do informe é que edís dos gobernos municipais de Valga cobraron dietas ilegais desde o ano 1991 até o 2017. Segundo Contas, “tanto as reunións como as percepcións de asistencia á comisión de coordinación non se adecúan á legalidade ao non estar previsto como órgano complementario no Regulamento Orgánico Municipal”.

Contas sinala que a creación da chamada “comisión de coordinación de concelleiros/as delegados/as ” fíxose o 15 de xuño de 2017 mediante acordo plenario, en tanto que “órgano complementario de natureza consultiva e deliberante” mais non se adaptaba á legalidade vixente por non participar un funcionario ou funcionaria pública para levantar acta e dar fe do contido das reunións.

En canto aos pagamentos percibidos en concepto de asistencia a estas comisión ilegais o Consello sinala que se aprobaban por decreto da alcaldía, sen reparo da intervención. Este asunto foi motivo dunha denuncia penal pola que se incoaron dilixencias previas que foron sobresidas pola Xulgado de Caldas.

A análise da documentación achegada polo concello de Valga pon de manifestó o incumprimento da normativa legal desde o ano 1991 e a percepción irregular de cantidades económicas desde esa data.

Publicacións Relacionadas