HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO BNG leva ao Parlamento galego a mellora da seguridade viaria...

O BNG leva ao Parlamento galego a mellora da seguridade viaria na PO-233

- Anuncio -spot_img

Bará demanda que o proxecto inclúa inclúa medidas de urbanización e  calmado de tráfico, recollida de pluviais e dotación de mobiliario nas  travesías de A Xesteira e As Lagoas 

Ernesto Filgueira lembra que as demandas que o BNG leva ao  Parlamento galego xa foron aprobadas -coa abstención do PP- no pleno  municipal  

O deputado do BNG Luís Bará, acompañado polo portavoz  municipal, Ernesto Filgueira e outros membros do BNG achegouse a Cerdedo-Cotobade onde  anunciou a presentación de iniciativas parlamentares para mellorar a seguridade peonil e  ciclista na PO-233 que comunica Ponte Bora (Pontevedra) con A Lama, atravesando no concello  de Cerdedo-Cotobade polos lugares de Vilanova (Tenorio), A Xesteira (Almofrei) e As Lagoas  (Borela). 

Bará lembra que esta estrada “presenta diversas deficiencias en materia de seguridade viaria e  mobilidade peonil e ciclista, máis evidentes nas travesías dos nucleos, pero que precisa dunha  actuación integral para mellorar a seguridade na totalidade da estrada”. 

No que se refire aos núcleos, é necesario acometer “actuacións de calmado de tráfico con  redutores de velocidade, construción de beirarrúas, instalación de mobiliario, mellora da  sinalización e recollida de augas pluviais”, afirmou o deputado nacionalista. 

Bará lembrou que no núcleo da Xesteira a Xunta xa levou a cabo unha actuación parcial de  calmado de tráfico e construción dun treito de senda peonil, pero que presenta deficiencias no  que respeita á recollida e canalización das pluviais, o que, na práctica, impide o uso da beirarrúa  nos días de intensa chuvia. Ademais, a deficiente execución da obra afecta á contorna dunha  marquesina de bus, o que dificulta o acceso e uso deste equipamento, ademais de expulsar  moita auga cara a estrada en plena curva, coa conseguinte perigosidade.  

Ademais, esta vía presenta nalgúns treitos perigosidade para as persoas que transitan a pé,  especialmente nos lugares de Vilanova, A Xesteira e As Lagoas, polo que preciso a adopción de  medidas que permitan o calmado de tráfico e faciliten o tránsito peonil. Para o deputado  nacionalista urxe solucionar o problema das pluviais que anegan o vial no treito que vai do  campo de fútbol das Estremas á piscifactoría, ademais de modernizar e mellorar as beirarrúas  en Carballedo, mellorando a accesibilidade e o mobiliario urbano.  

O deputado nacionalista fixo fincapé, ademais, no incremento da mobilidade ciclista tanto  deportiva como de lecer na PO 233 e PO 234 (cara Augasantas) e na necesidade de “levar a cabo  unha actuación de fomento e mellora da mobilidade ciclista, con actuacións centradas na  sinalización, na seguridade viaria e na convivencia do tráfico rodado e o uso ciclista” 

Pola súa banda, o portavoz municipal, Ernesto Filgueira, lembrou que estas demandas foron  aprobadas, a instancias do BNG, polo pleno do concello de Cerdedo-Cotobade, polo que insta ao  PP a apoiar no Parlamento esta iniciativa do BNG que melloraría a seguridade nunha das  principais arterias de comunicación do concello e redundaría moi positivamente en todo  Cerdedo-Cotobade” . 

Publicacións Relacionadas