HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO BNG leva ao Parlamento galego a mellora das redes de abastecemento...

O BNG leva ao Parlamento galego a mellora das redes de abastecemento eléctrico en Cerdedo Cotobade

- Anuncio -spot_img

Insta á Xunta a pasar da propaganda aos feitos e desenvolver plans reais de mellora das infraestruturas, equipamentos e servizos

Os deputados do BNG Luís Bará e Xosé Manuel Golpe veñen de presentar unha proposición non de lei para a mellora das redes de abastecemento eléctrico en Cerdedo-Cotobade, atendendo a unha solicitude do portavoz municipal Ernesto Filgueira, que días atrás denunciou publicamente os feitos.

Na súa exposición de motivos, os nacionalistas argumentan que “o concello de Cerdedo Cotobade sofre continuos cortes de subministro eléctrico, algo que acontece con excesiva frecuencia, sen que sexa preciso a chegada dun temporal”. Unhas veces son parroquias enteiras as que quedan sen luz (Tenorio, Viascón, San Xurxo) ou nas que o subministro eléctrico falla durante horas (Almofrei, Loureiro, Borela, Carballedo, Valongo, Quireza, Cerdedo..). A pasada semana o colexio de Tenorio estivo sen electricidade e a escola infantil sen luz nin calefacción.

As infraestruturas eléctricas están obsoletas e nin a Xunta nin a empresa distribuidora fan o necesario por modernizalas. “O goberno galego presume de investimentos millonarios en infraestruturas no rural, e de transferencias millonarias a través do fondo de fusións ao concello de Cerdedo-Cotobade mais as infraestruturas e servizos como o do subministro eléctrico, telefonía, fibra óptica, sanidade ou cobertura de emerxencias son moi deficitario
afirmou o deputado nacionalista, Luís Bar

Os nacionalistas esixen que “a Xunta pase da propaganda aos feitos” e que desenvolva plans reais de mellora das infraestruturas, dos equipamentos e dos servizos en ámbitos rurais como é o caso de Cerdedo-Cotobade, xa que estes equipamento e servizos esenciais para garantir a calidade de vida e a equidade para a poboación que vive no rural “presentan numerosas carencias e deficiencias

Na iniciativa, o BNG insta á Xunta a que reclame da empresa distribuidora a mellora das instalacións e o abastecemento eléctrico aos CEIP e á escola infantil de Tenorio para evitar problemas como os que tiveron lugar o pasado 28 de xaneiro e, ao mesmo tempo, que faga un estudo sobre as necesidades de mellora das infraestruturas de subministro eléctrico en Cerdedo-Cotobade, identificar as principais carencias da rede e demandar á compañía eléctricdistribuidora que mellore as infraestruturas de abastecemento para evitar os continuos cortes de luz que se producen no concello de Cerdedo-Cotobade.

Publicacións Relacionadas