Home Pontevedra Ponte Caldelas O BNG leva ao Pleno de Ponte Caldelas unha moción en defensa...

O BNG leva ao Pleno de Ponte Caldelas unha moción en defensa da sanidade pública no concello

- Anuncio -

O vindeiro Pleno de Ponte Caldelas que terá lugar mañá, 25 de novembro, ás 20 h. acollerá a toma de posesión de Sol Seoane e Xabier Lourenzo como novos concelleiros en representación do BNG

O BNG solicitará que se repoñan con urxencia as vacantes médicas producidas no último ano en Ponte Caldelas e recuperar o servizo de pediatría en horario completo

O vindeiro pleno acollerá a toma de posesión dos novos concelleiros do BNG, Sol Seoane e Xabier Lourenzo, e debaterá unha moción do BNG para que a Xunta recupere o servizo de pediatría a tempo completo e repoña dunha vez por todas as vacantes médicas producidas no último ano en Ponte Caldelas.

A portavoz municipal do BNG, Sol Seoane, deixou patente que a “COVID-19 deixou ao descuberto as consecuencias de 11 anos de política de acoso e derribo da sanidade pública levada a cabo polo PP na Xunta de Galiza. Situación que se agravou ao dirixir unha parte moi importante, dos xa escasos recursos existentes ao control da pandemia. As e os profesionais non son de goma nin se poden estirar indefinidamente. Se non se aumentan os recursos é imposíbel dar resposta ás necesidades sanitarias da poboación.

Nos últimos 11 anos, coa escusa da crise, a Xunta de Galiza, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza. Todas as medidas que tomaron tiveron como fin a privatización e o desmantelamento da sanidade pública galega, a base de recortes continuos e de pór os recursos desta ao servizo de intereses privados para poder facer negocio coa enfermidade das persoas. Redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres.

“A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, con consecuencias moi graves: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, non substitución de baixas e vacacións, as listas de agarda de máis de unha e até dúas semanas para médica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite…”, afirmou a portavoz nacionalista

Ponte Caldelas non é alleo a este proceso contínuo de deterioro da sanidade pública. No último ano xubiláronse dous dos tres facultativos do centro de saúde, que aínda non foron repostos, e o servizo de pediatría víu reducido o seu horario de atención aos nenos e nenas.

O dereito a saúde das persoas é innegociábel e que para iso é clave ter unha sanidade pública forte, que conte con todo o apoio en recursos humanos, económicos e de infraestruturas. Sempre o defendemos así, pero na Galiza postCOVID19 a defensa dunha sanidade pública forte, con todo o persoal e con todo os recursos necesarios, é máis necesaria que nunca.

Compre lembrar que foi o PP re Rajoy quen aprobou a taxa de reposición que impedía contratar persoal na sanidade e nos servizos sociais con Feixóo como abandeirado, como alumno aplicado da medida ao longo dos anos da crise e que nos deixa unha sanidade pública nunha situación crítica e con menos persoal. Sempre se negou a convocar as 6.000 vacantes no SERGAS, non fixo nada por reforzar e mellorar a atención primaria, pese a ser un elemento fundamental para atender a poboación.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas