Fariña: “O BNG dará o do de peito para conseguir a sanidade pública que merecen e necesitan os veciños e veciñas de Caldas
As veciñas e veciños de Caldas responderon de xeito masivo ao convite do BNG para falar da situación da sanidade pública no noso concello, ateigando por completo o auditorio municipal da localidade.
O portavoz municipal, Manuel Fariña, mostrouse moi satisfeito coa resposta popular a esta nova convocatoria do BNG, e á recollida de sinaturas da ILP en defensa da sanidade pública, o que “demostra que os nosos veciños e veciñas non se resignan a ver como se vai deteriorando a atención primaria polas políticas que leva a cabo a Xunta do PP”.
Pola súa banda, a portavoz de sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado puxo de relevo que “a día de hoxe a atención primaria ten 47 millóns de euros menos que en 2009, 277 M€ menos traducidos a euros constantes, e con menos recursos, é evidente, faise menos”. Prado urxíu a incrementar en 200 millóns de euros o orzamento para a atención primaria para “equipararnos á media estalal, e avanzar no camiño lograr adicar o 25% do orzamento sanitario á atención primaria, tal e como recomenta a Organización Mundial da Saúde”
A deputada nacionalista afirmou que o noso país está á cola do Estado en investimento en primaria, cando debería ser ao contrario porque “o nivel de envellecemento e a dispersión da poboación fai que sexan necesarios máis recursos”.
“Este recorte contínuo de recursos para a sanidade pública ten unha clara finalidade política: favorecer a privada”. De feito, salientou “os galegos e as galegas recorren cada vez máis á sanidade privada, cun gasto que xa acada os 450 €/ano”.
“Estas cifras deixan claro o que está pasando na sanidade pública e a posición do Partido Popular que non é outra que deteriorar a sanidade pública para seguir engordando o negocio privado. Xa está ben porque os recortes quen os paga son os nosos veciños e veciñas que non teñen pediatra, que teñen lista de agarda insostíbeis para ir ao centro de saúde, e ás que lle cambian o seu médico ou médica de cabeceira de xeito continuado.
Montse Prado afirmou, ademais, que non é certo que a Xunta está incorporando novos médicos,.
O único que “está a facer a consellaría é mudalos de destino”.
Tanto Manuel Fariña como Montse Prado recalcaron que a area sanitaria de PontevedreaSalnés se converteu neste verán no “quilómetro cero” da desfeita sanitaria, cons PACs sen médicos e centros de saúde a medio gas, e animaron á veciñanza a defender con unllas e dentes un servizo fundamental para a nosa saúde como é a sanidade pública.



