HomeO MorrazoMarínO BNG organiza un acto para presentar a proposta "Abrir Marín ao...

O BNG organiza un acto para presentar a proposta “Abrir Marín ao mar”

- Anuncio -spot_img

O BNG celebrará este vindeiro xoves, 29 de maio, ás 20:30 h, na Biblioteca Municipal de Marín, un acto público para presentar o proxecto “Abrir Marín ao mar”

O BNG celebrará, este xoves 29 de maio ás 20:30 na Biblioteca Municipal de Marín, un acto público para presentar o proxecto “Abrir Marín ao mar”, unha proposta que busca recuperar espazos do litoral pechados e devolvelos á xente

No acto intervirán as persoas concelleiras do BNG, que explicarán como esta iniciativa representa unha oportunidade real para abrir Marín ao mar, seguindo exemplos doutras cidades que lograron integrar porto e cidade, mellorar a calidade de vida e reforzar a súa identidade local.

O BNG chama á veciñanza a participar, coñecer os detalles e achegar as súas ideas para construír xuntos o Marín que queremos.

Publicacións Relacionadas