Luis Bará, deputado do Parlamento galego, participará este vindeiro venres 23 de maio, ás 20:00 horas, nunha charla aberta e de balde sobre a vixencia do pensamento de Castelao na sede do BNG en Marín
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) organiza este venres 23 de maio, ás 20:00 horas, na súa sede da rúa da Veiguiña nº 7, unha conferencia titulada “Castelao: arte, política e pensamento”, que forma parte da programación especial que a organización está a desenvolver ao longo deste ano con motivo do 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O acto contará coa participación de Luis Bará, deputado no Parlamento galego, filólogo e divulgador cultural cunha ampla traxectoria na defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos nacionais de Galiza. Foi tamén director xeral de Cultura da Xunta de Galicia e é autor de varios ensaios sobre identidade e pensamento galego.
Na súa intervención, Bará afondará na actualidade do pensamento de Castelao, abordando a súa obra artística, o seu compromiso político e a súa visión ética e cultural. A charla propón unha reflexión aberta sobre a pegada que Castelao deixou na identidade galega e sobre como o seu legado continúa a inspirar xeracións pasadas, presentes e futuras.
Desde o BNG de Marín salientan a relevancia de manter viva a figura de Castelao como un referente cultural e humano, e consideran que achegarse á súa obra e pensamento é unha boa maneira de coñecer mellor a historia de Galiza.