Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O BNG organiza unha grande Semana da Patria Galega en Vigo para...

O BNG organiza unha grande Semana da Patria Galega en Vigo para poñer en valor ‘a forza deste País’

- Anuncio -

A fronte nacionalista presenta unha ampla programación con actividades culturais, palestras, proxeccións, actos lúdicos, accións simbólicas e carpas na rúa como prólogo do Día da Patria e da manifestación nacional en Santiago de Compostela o 25 de xullo

Carmela González: “Buscamos afirmar o orgullo de sermos galegas e galegos e a nosa vocación de facermos de Vigo o verdadeiro motor dunha nova Galiza”

O Bloque Nacionalista Galego organiza unha grande Semana da Patria Galega en Vigo para poñer en valor ‘a forza deste País’, lema da campaña nacionalista deste 2024. A fronte nacionalista presenta unha ampla programación como prólogo do Día da Patria Galega e da manifestación nacional en Santiago de Compostela o 25 de xullo.

“Facemos un chamamento a todas as viguesas e vigueses a participaren das actividades da Semana da Patria, a todas e todos aqueles que queren tamén expresar a forza imparábel do BNG na nosa cidade”, afirmou a responsábel local e deputada no Parlamento galego, Carmela González, destacando os “históricos avances” nos últimos procesos electorais como ser primeira forza política en Vigo nas pasadas galegas.

González avanzou unha ampla programación da Semana da Patria Galega, organizada polo BNG e a organización xuvenil Galiza Nova, con actos culturais, palestras, proxeccións, actos lúdicos, accións simbólicas e tamén unha importante presenza de rúa con carpas informativas en diferentes puntos da cidade. “Todo co obxectivo de celebrarmos na maior cidade de Galiza o orgullo de sermos galegas e galegos e de poñer en valor potencialidades que ten o noso País e para afirmar a nosa vocación de facermos de Vigo o verdadeiro motor dunha nova Galiza”, salientou.

A responsábel local das nacionalistas en Vigo asegurou que a Semana da Patria é unha “man tendida” para todas as viguesas e vigueses que acreditan na necesidade dun cambio de rumbo para Vigo e Galiza. “Para todas e todos eles están abertas as portas do proxecto en positivo do BNG, un proxecto coa cabeza e o corazón no País”, manifestou.

González reivindicou un novo marco político que permita á nación galega adoptar medidas en favor da maioría social fronte ás “políticas fracasadas que empequenecen e están deixando atrás Galiza”, apostando polo dereito a vivir con dignidade dun traballo na propia terra que pasa, a xuízo do Bloque, por avanzar na plena capacidade de decisión.

“Temos recursos, temos talento e somos un pobo traballador que queremos producir aquí”, defendeu a responsábel local do BNG.  “Fronte aos que non teñen nada que ofrecer e sementan resignación, a Semana da Patria Galega en Vigo quere ser un espazo para esperanza, na confianza de que temos todo por gañar e que coa forza de todas e todos faremos posíbel o cambio que é necesario desde Vigo para Galiza”, remachou.

PROGRAMACIÓN DA SEMANA DA PATRIA EN VIGO 2024

MARTES 16

20:00h. Presentación do libro AUTOGOBERNO E SISTEMAS DE FINANCIAMENTO. O PAPEL DA NACIÓN GALEGA de Xosé Díaz Díaz. Libraria Cartabón (Urzáiz 125). Presenta: Xabier P. Igrexas.

MÉRCORES 17

12:00h. Carpa de reparto de bandeiras na Praza do Emigrante.

XOVES 18

19:00h. Xornada-debate de Galiza Nova sobre “Problemática nacional e colonialismo”.  CS A Revolta (r/ Real 12).

VENRES 19

11:00h. Carpa de reparto de bandeiras diante do Mercado do Calvario.

19:30h. Pasarúas-reparto en Baiona. Saída: Praza da Palma.

20:00h. Acto público comarcal en Baiona. Paseo da Praia da Ribeira. (á altura da entrada do Parador). Falarán: Iago Pereira, Iria Custodio, Manuel Caride e Lucía López. Convivio ao remate do acto.

SÁBADO 20

12:30h. Despregue bandeira no alto do Monte Alba.

14:00h. Xantar polo Día da Patria. Restaurante Sanatorio do Alba.

LUNS 22

20:00h. Acto de Galiza Nova “A figura de Luisa Villalta como nacionalista alén de escritora”. Libraría Cartabón. Falará: Marta Dacosta.

MARTES 23

20:00h. Proxección-coloquio documental “Altri: a sede insostible”. Local da Asociación Évame-Oroza (Rúa Subida Costa 5- Casco Vello Alto)

MÉRCORES 24

12:00h. Carpa de reparto de bandeiras diante do MARCO.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas