Home Tabeirós A Estrada O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente...

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as capas máis novas da nosa veciñanza

- Anuncio -

Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas, supostamente utilizadas por persoas drogodependentes, o BNG explica a través do seu portavoz municipal, Xoán Reices, que “alén de que o concello realice unha recollida tendo en conta todas as precaucións sanitarias para os traballadores e traballadoras que realizan esta tarefa, pensamos que o goberno municipal do PP debería realizar campañas de concienciación sobre os perigos e os problemas da droga entre as capas novas da nosa veciñanza”.

O concelleiro nacionalista indica que “moita xente pensa que con máis vixilancia vaise terminar haberá menos xeringas nas rúas, e si, seguramente será así, mais iso non vai por fin ao grave problema que supón a droga na nosa sociedade”. “Por iso”, engade, “pensamos que o goberno municipal do PP debería desenvolver campañas de concienciación social sobre as consecuencias sanitarias, mentais e económicas de esta lacra, especialmente entre os mozos e mozas en colexios e institutos do noso concello”.

“Hai uns anos era habitual atopar anuncios publicitarios sobre as consecuencia da drogadición; as campañas desapareceron, non así a droga das rúas por iso temos que concienciar para previr”, afirma Xoán Reices.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas