Home Pontevedra O Salnés O BNG presenta no Parlamento Galego diferentes iniciativas para dar solución ás...

O BNG presenta no Parlamento Galego diferentes iniciativas para dar solución ás necesidades do CEIP Plurilingüe de Vilaxoán

- Anuncio -
En relación á situación que se vive no CEIP Plurilingüe Vilaxoán, o Bloque Nacionalista Galego presentou no Parlamento Galego diferentes iniciativas para resolvela canto antes.

Ante a denuncia da situación coa que se atopan no CEIP Plurilingüe de Vilaxoán, de falta de persoal tanto educativo coma coidador, o Bloque Nacionalista Galego de Vilagarcía de Arousa presentou no Parlamento Galego, a través da deputada comarcal Montse Prado, diferentes iniciativas para que esta se vexa resolta de xeito urxente.

Estamos falando dunha realidade na que o alumnado veuse incrementado esta último curso, sen que non só non se fixese o incremento correspondente nin de profesorado nin de persoas coidadoras, senón que, pola contra, este viuse reducido a dous únicos especialistas, xa que o centro foi excluído do Programa PROA+ a pesar de cumprir cos requisitos de selección e contar cunha aula de atención preferente.

O CEIP de Vilaxoán acolle a 206 alumnos e alumnas, dos cales un 31%, cuxo seguimento é realizado pola docente do Departamento de Orientación, precisa dun xeito ou outro unha atención educativa especial, sexa polas necesidades de reforzo, discapacidade ou algún tipo de trastorno.

Ademais, existe un número importante de alumnado que aínda está en proceso de valoración polo Equipo de Orientación Especifico da Consellería de Educación, o que pode incrementar as necesidades de atención educativa cando se resolvan os informes psicopedagóxicos.

Todo isto provoca que a atención nestas condicións seca moi deficitaria, xa que dito alumnado precisa un tratamento educativo especial. Ademais, a situación vese agravada co feito de que só contan con dúas persoas coidadoras, superándose a rateo establecida pola normativa vixente. Mentres que esta indica que corresponde unha persoa por cada 6 nenos e nenas, no CEIP de Vilaxoán están atendendo cada unha a 9 alumnas e alumnos. Isto provoca que haxa alumnado que ao longo do día se vexa obrigado a quedar sen acompañamento.



En consecuencia, hai unha sobrecarga do traballo do profesorado que atende simultaneamente a ese alumnado con necesidades educativas especiais e o resto de cativos das aulas.

Falamos dun centro que conta con alumnado con TEA, trastornos conductuais, trastorno xeralizado do desenvolvemento, grandes dependentes e nenos e nenas con altas necesidades. Teñen claro que dispoñer dun Profesor Especialista e dunha persoa coidadora máis non soluciona a súa situación, pero sería o que por lei lles corresponde e, cando menos, aliviaría o cadro existente.



        A maiores da falta de profesorado especializado, as poucas sesións que lle corresponden a cada alumno non son suficientes, provocando que nenas e nenos nin aprendan nin socialicen. Se a xornada escolar son 25 horas semanais, a lei limita as sesións a 7 horas semanais. Isto xa é de por si escaso, máis no caso do centro que nos ocupa, é imposible que alumnas e alumnos avancen xa que ningún chega a ter esas 7 horas de apoio e o resto do tempo pásano con profesorado sen formación específica.



        Ante esta situación e ante a pasividade da Xunta de Galiza, logo de reiteradas peticións de apoio á Inspección Educativa, a directiva do centro tomou a decisión de presentar a súa dimisión.

O Partido Popular de Vilagarcía, que a cotío se presenta como o gran interlocutor da veciñanza nas parroquias, na pasada sesión plenaria alegou non ter coñecemento dunha situación que era vox populi, botando balóns fóra, a pesar de ser o mesmo partido que goberna a Xunta de Galiza e terse presentado como o gran resolvedor dos problemas educativos do noso municipio en coincidencia con campañas electorais.Seguen sen ter coñecemento? Que fixeron para palialo?

        Realmente considera a Xunta de Galiza que co cadro de persoal existente no CEIP  Plurilingüe de Vilaxoán, o alumnado do mesmo recibe unha asistencia de calidade? Como ben indicaba a representante da comunidade educativa na sesión plenaria do pasado mes, escolarizar a un neno ou nena con NEAE nun centro ordinario sen apoios non é inclusión, é exclusión.



        O número de escolares con NEAE está en auxe. A diversidade non é un capricho, é unha realidade e require dunha resposta inmediata. Os seus fillos teñen discapacidades, son persoas dependentes e van a centros ordinarios porque é o seu dereito e, ao igual que os seus compañeiros e compañeiras teñen dereito a aprender e chegar até onde as súas capacidades llelo permitan. É deber da administración publica proporcionar todos os recursos para garantirlles a súa aprendizaxe nun centro de referencia.



        Por todo iso presentamos no rexistro do Parlamento diferentes iniciativas  para que se dote de xeito inmediato ao CEIP Plurilingüe de Vilaxoán do persoal preciso resolvendo así unha inxustiza, que este curso académico se vén producindo no día a día dos centros de ensino público do noso país, tras o tesoirazo executado en profesorado de PT (Pedagoxía Terapéutica) e AL (Audición e Linguaxe) durante as vacacións de verán; e que, case ao remate do primeiro trimestre, a Consellería vai parcheando a medida que as distintas comunidades educativas van alzando a súa voz reivindicativa e xerando ruído mediático.

Queremos saber se realmente van atender as demandas da comunidade educativa deste centro dotándoo cos profesionais que demandan tanto de xeito inmediato, coma na súa totalidade, e agardamos que así sexa poñendo solución a unha situación insostíbel por máis tempo.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas