Home Pontevedra Caldas O BNG presenta unha candidatura renovada, plural e con marcado carácter feminista...

O BNG presenta unha candidatura renovada, plural e con marcado carácter feminista para facer avanzar Cuntis

- Anuncio -

Natalia Camiña: “Contamos co aval dos concellos BNG, referentes nacionais e internacionais, e co traballo e ilusión da xente que conforma a candidatura para virar o rumbo de Cuntis”

Liderada por mulleres, o BNG presenta unha candidatura completamente renovada -oito das 11 persoas non participaran anteriormente nunha candidatura do BNG-, e plural, con persoas de distintas idades, sectores económicos, e na que están representadas a totalidade das parroquias do municipio.

Unha candidatura que dá voz, protagonismo e responsabilidade ás mulleres e ao activismo cultural, feminista, sindical e lingüístico.

O BNG preséntase para mellorar Cuntis, co aval que nos dá unha organización que conta con modelos exitosos de concellos, que son, a día de hoxe, referentes nacionais e internacionais. “Con este aval traballaremos para facer realidade as iniciativas, ideas e ideais que permitan virar o rumbo que leva Cuntis”, afirmou a candidata á alcaldía, Natalia Camiña.

O obxectivo do BNG é facer de Cuntis un concello con calidade de vida, seguro para as veciñas e veciños, que realice os investimentos que as parroquias necesitan, defenda os servizos públicos, o noso patrimonio arqueolóxico e natural, e afronte os retos que supón a xestión da auga e dos residuos municipais.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas