Home Pontevedra O BNG propón crear o consello de comunidades de montes de Soutomaior

O BNG propón crear o consello de comunidades de montes de Soutomaior

- Anuncio -

Manu Lourenzo: “Esa será unha das primeiras medidas do novo goberno para facilitar a xestión do monte e de loita contra o lume”

O BNG de Soutomaior propuxo no día de onte a creación dun Consello de comunidades de montes no Concello de Soutomaior que conta con preto de un 80% da súa superficie como superficie forestal e está xestionada por máis dunha decena de CMM. Manu Lourenzo sinalou que trátase dunha medida consensuada coas comunidades e que ten como obxectivo compartir proxectos, medidas e experiencias que son comúns a todas elas e que pretende dinamizar e facilitar a xestión do monte de Soutomaior. Establecer unha canle de comunicación permanente entre o Concello e as CMM facilitará a comunicación fluída tanto para despregar iniciativas como para ser capaces reaccionar de xeito rápido ante imprevistos que poidan vir derivados de lumes ou outras catástrofes naturais.

O candidato a Alcaldía polo BNG sinalou que “non se entende que despois de 28 anos de goberno e sendo Soutomaior un concello de alto risco de incendios, nin sequera exista un organismo estable no que se poidan sentar todas as comunidades co goberno local” Trátase dunha obviedade que este órgano debe existir para entre todas e todos levar adiante medidas contra o lume e tamén para facilitar trámites administrativos ás comunidades de cara a acadar axudas, xestionar recursos, etc.

Manu Lourenzo sinalou que en Soutomaior temos un monte con moitísimo valor, “hai escasos días estivemos cuns veciños que está abrindo rutas pola beira do Verdugo e temos elementos únicos como a calzada real, muíños, petróglifos. O monte é un recurso que debemos poñer en valor e a existencia precisamente de monte ó arredor da maior parte dos núcleos de poboación do Concello, fan mais necesaria a colaboración entre as diferentes Comunidades e o goberno para propoñer e manter por exemplo, zonas ou faixas de protección contra os lumes que ao mesmo tempo sirvan de zonas recreativas ou de esparcemento”.

Relacionadas

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

0
Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola O Concello de Vilaboa convoca a...

A Biblioteca Pública de Baiona consolídase como un referente

0
A Biblioteca Pública continúa celebrando o mes do libro con novas adquisicións tanto para adultos como para nenos, mantendo o seu compromiso de actualizar...

O Erizana C.F. asegura o ascenso a Primeira Galicia

0
O Erizana Club de Fútbol logrou asegurar o seu ascenso a Primeira Galicia tras unha destacada vitoria a domicilio fronte ao Vila do Corpus,...

Luis López traslada ao alcalde de Vilanova que a Deputación ultima o proxecto da...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado Javier Tourís, mantivo unha reunión co rexedor vilanovés para abordar asuntos de interese mutuo para as dúas institucións O...

Literatura, flores e música na Feira do Libro de Segunda Man do Rosal

0
Celebrarase este domingo 21 de abril na Praza do Calvario de 11.00 a 20.00 horas O Rosal prepárase para conmemorar o Día do Libro por...

O BNG inicia unha ofensiva institucional para a cesión das vivendas da Sareb a...

0
A fronte nacionalista traslada iniciativas no Concello, no Parlamento galego e no Congreso para que o ‘banco malo’ destine os centos de inmóbeis que...

Publicacións Relacionadas