Home Pontevedra O BNG propón duplicar as prazas de aparcamento no centro Urbano de...

O BNG propón duplicar as prazas de aparcamento no centro Urbano de Arcade para axudar ao comercio local

- Anuncio -

Manu Lourenzo tamén propón que nos aparcamentos haxa a disposición da veciñanza carriños da compra como acontece nos centros comerciais.

O BNG de Soutomaior vén de propoñer unha actuación para duplicar o número de prazas de aparcamento no centro de Arcade. Unha actuación que permitiría ao concello contar con novos espazos de aparcamento acondicionados e integrados na contorna, para recuperar un centro urbano dinámico. O centro de Arcade, sempre foi un espazo vivo e dinámico, hoxe é tan só caos de tráfico e deterioro das beirarrúas. Os escasos aparcamentos públicos que hai para a veciñanza están nun estado lamentable e provocan que cada vez menos xente se achege.

A este respecto, o Portavoz Municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “trátase dunha medida imprescindible para que o concello avance. Unha actuación que permita duplicar as prazas de aparcamento que temos hoxe no centro de Arcade, e poñer beirarrúas decentes e accesibles.

Neste sentido, o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo sinalou que con esta actuación o centro urbano e comercial volverá a ser o espazo próspero e dinámico que nunca debeu deixar de ser. Todos os concellos coidan os seus espazos urbanos, con actuacións como as que favoreceron o comercio local en Redondela ou Ponte Caldelas, pero en Arcade o núcleo urbano parécese cada día máis a un suburvio no que cada día compra menos xente. Non pode ser que sexamos tamén os últimos nisto.

O portavoz do BNG indicou que ademais desta medida, propoñen poñer a disposición dos comerciantes e da veciñanza, carros do supermercado, “como hai nos centros comerciais pero en Arcade estarían no aparcamento público para que a xente poida empregalos no comercio local. Trátase de que o centro de Arcade sexa un centro comercial aberto e dinámico.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas