HomePontevedraPonte CaldelasO BNG quere que o Concello de Ponte Caldelas presente un proxecto...

O BNG quere que o Concello de Ponte Caldelas presente un proxecto ambicioso para a recuperación do espazo natural do río após o desmantelamento da presa do Inferno

- Anuncio -spot_img

No ano 2017 rematou a concesión da presa do Inferno, e desde ese mesmo momento desde diversos ámbitos: o ecoloxismo, o social e o político, se ven demandando o seu desmantelamento efectivo. Non foi até finais de xuño deste 2022 cando Augas de Galiza notifica a caducidade da concesión e ordena a súa demolición, unha decisión que permitirá a recuperación do río Verdugo.

Nestes momentos estase a redactar o proxecto de recuperación ambiental dese espazo e, por vez primeira en Galiza, a concesionaria ten a obriga de negociar cos concellos e coa veciñanza.Neste contexto, o concello de Ponte Caldelas, que ten que aproveitar e presentar un ambicioso proxecto que inclúa a posta en funcionamento dunha senda que comunique a parte afectada co Camiño Sarmiento e os muíños de Taboadelo, e así poder optar á recuperación integral dos pasais do Verdugo.
“Esta é unha magnífica ocasión para recuperar en todo o seu esplendor o noso medio natural e poñelo en valor. Ponte Caldelas non o pode deixar pasar e o goberno municipal debe presentar unha proposta ambiciosa que nos permita converter este espazo natural nun lugar de referencia para todos os veciños e veciñas”, afirmou Sol Seoane. Neste sentido animou ao alcalde a trocar a súa anterior postura favorábel ao encoro e poñerse a traballar para que esta zona sexa un atractivo máis para a veciñanza e para as persoas que nos visitan. “Temos un medio natural impresionante. Conservémolo en boas condicións e deámoslle valor. Gañaremos todos e todas. Gañará Ponte Caldelas”, concluíu a portavoz nacionalista.

Publicacións Relacionadas