Home Vigo Mos O BNG reafirma en Puxeiros a súa vontade de paralizar o macroproxecto...

O BNG reafirma en Puxeiros a súa vontade de paralizar o macroproxecto urbanístico no monte de Tameiga

- Anuncio -

A deputada Carmela González acompañou a Gustavo Barcia e os demais membros da súa candidatura no acto celebrado no Campo da Feira.

O candidato á alcaldía ofreceu “diálogo, apoio económico e cooperación” ás traídas veciñais de augas e comunidades de montes.

O Campo da Feira de Puxeiros foi o escenario elixido polo BNG de Mos para reafirmar a súa postura sobre o proxecto de Carlos Mouriño nos montes de Tameiga. O candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, reiterou o seu compromiso para “frear o pelotazo” e presentou as eleccións do próximo domingo como “a mellor oportunidade para defender os intereses da veciñanza fronte aos especuladores que se queren apropiar do monte común”.

Arroupado por boa parte da veciñanza afectada, Barcia trazou, xunto ao seu equipo, a folla de ruta do BNG para paralizar a operación urbanística. “A xustiza ditaminou que as sentenzas da cidade deportiva eran ilegais”, lembrou o candidato, “e o plan especial aprobado polo PP ten moitos visos de ser anulado tamén nos tribunais”. Aínda así, se os promotores pretenden seguir co proxecto, Barcia amosou a súa disposición persoal a poñerse “diante das palas para evitar que arrasen o monte” e apelou á mobilización veciñal, “que foi ata agora o maior dique de contención fronte ás ambicións dos poderosos”.

A candidatura nacionalista contou, no acto de Puxeiros, co apoio da deputada no Parlamento Galego Carmela González, que defendeu a necesidade dun goberno do BNG “para mellorar a vida das persoas”. A deputada afirmou que “Mos non merece un goberno clasista e elitista, cunha alcaldesa que vive nunha illa privada do concello veciño” e sinalou ao PP de Nidia Arévalo como “cómplice do pelotazo urbanístico”.

Axudas ás traídas de augas

O apoio do PP ao proxecto promovido polo presidente do R.C. Celta derivou, nos últimos anos, nunha confrontación entre o goberno municipal e as traídas de augas que teñen os seus mananciais no monte de Tameiga. Fronte á “actitude sectaria” de Nidia Arévalo, Barcia ofreceu “colaboración e diálogo” ás traídas que abastecen de auga ao 90% da poboación de Mos. Insistiu na súa proposta de crear unha liña municipal de axudas para o mantemento e renovación das instalacións, así como na creación dunha federación de traídas que permita coordinar esforzos. Do mesmo modo, expresou a súa vontade de respectar escrupulosamente as decisións que se tomen nas asembleas das comunidades de montes de todo o concello.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas