HomeBaixo MiñoA GuardaO BNG reclama reunión urxente da Xunta de Portavoces para valorar os...

O BNG reclama reunión urxente da Xunta de Portavoces para valorar os danos do temporal e as medidas a tomar

- Anuncio -spot_img

Anxo Baz:”As distintas administracións deben implicarse na solución dos danos provocados polo temporal”

O BNG da Guarda reclama ao Alcalde a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces municipais para valorar os danos provocados polo temporal na localidade así como para definir as medidas a tomar para solucionalos no menor tempo posíbel.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz considera que “as distintas administracións deben implicarse na solución dos danos provocados polo temporal para reparalos na maior brevidade posíbel”. O nacionalista tamén reclama ao Goberno Central e a Xunta de Galiza “ que abran procedementos de urxencia que faciliten todas as tramitacións e axilicen a reparacións dos desperfectos derivados dos asolagamentos”.

Publicacións Relacionadas