HomeVigoBaionaO BNG reitera a desaprobación ética a que o alcalde estacione o...

O BNG reitera a desaprobación ética a que o alcalde estacione o seu coche particular na rúa Elduayen

- Anuncio -spot_img

En canto ao proceso xudicial por delito de prevaricación, agardan pola sentenza

Un xuíz do Xulgado de Instrución número 2 de Vigo decreta que se continúe coa
tramitación do procedemento aberto contra Carlos Gómez, alcalde de Baiona, por un
delito de continuado de prevaricación administrativa e de falsidade documental. O xuíz ve
indicios de que, presuntamente, simulou ter unha licenza de estacionamento para sacarse
cinco multas por aparcar nunha zona de carga e descarga.

O Bloque Nacionalista Galego en Baiona ven de ratificar a súa posición xa amosada en
sesión plenaria: “Dende o punto de vista ético e moral non compartimos que o Sr. Alcalde
de Baiona, Carlos Gómez, utilice unha zona habilitada para vehículos autorizados, Policía
Local ou destinada para carga e descarga. Así llo trasladamos a el no seu momento e
dixémolo en sesión plenaria”, afirma o seu portavoz, Iago Pereira.

“Somos conscientes de que o Alcalde, polo que supón o cargo en si, ten unha axenda apertada e precisa dun espazo para estacionar o coche que lle permita eficiencia e axilidade para chegar ao Concello. Entendemos que o Aparcadoiro Municipal do Aral cumpre perfectamente estes requisitos”, continuaba o portavoz nacionalista.

En canto ao proceso xudicial aberto por un delito de continuado de prevaricación administrativa e de falsidade documental contra o Sr. Carlos Gómez, “O proceso está aberto e compre agardar a que a xustiza faga o seu traballo e, tendo sempre en conta a presunción de inocencia, temos que agardar pola sentenza do xuíz”, concluía Iago Pereira.

Publicacións Relacionadas