HomeBaixo MiñoA GuardaO BNG respóndelle ao alcalde da Guarda que poña día e hora...

O BNG respóndelle ao alcalde da Guarda que poña día e hora para debater sobre o acordo entre o PSOE e o PP no PERI 5

- Anuncio -spot_img

Anxo Baz: “para o BNG é crucial desenvolver este PERI e facerse cos 15.000 m² de terreo municipal para facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos públicos de calidade”.

O portavoz do BNG, Anxo Baz fixo público un comunicado no que mostra a aceptación do seu grupo a un debate público sobre o PERI 5 e manifesta que “ unha vez máis, faran un esforzo para convencer ao PSOE e ao PP de que 15.000 m² que se logran desenvolvendo o PERI son 5 veces máis que os 3.000 m² que ofrece o pacto entre o PSOE e o PP”.

O nacionalista recórdalle tamén ao Alcalde que aínda está a espera dunha reunión para falar do mesmo tema no que estivera presente o Arquitecto Municipal, proposta feita polo o Alcalde no Pleno, e da que non se volveu saber máis.

Anxo Baz insiste en que o desenvolvemento do PERI na súa totalidade dotaría A Guarda de 15.000 m² de terreo municipal para infraestruturas, aparcamentos en superficie e zonas verdes que sumado aos terreos da Alameda Municipal conformarían un importante pulmón verde no Centro da Guarda.

O nacionalista insiste “ que para o BNG é crucial desenvolver este PERI e facerse cos 15.000 m² de terreo municipal para levar adiante un proxecto capaz de facer fronte aos retos da nosa sociedade, que demanda espazos de calidade”.

Anxo Baz recórdalle ao Alcalde que está en minoría e que debera escoitar máis e tratar de conseguir un consenso con todas as forzas políticas para desenvolver este PERI do xeito máis satisfatorio posibel para o pobo da Guarda. Hai decisións que son irreversíbeis e de gran transcendencia como o desenvolvemento do PERI 5, que non se poden tomar a lixeira polas consecuencias futuras que van ter.

Publicacións Relacionadas