Ernesto Filgueira: “Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de gobernar fan sempre o contrario, e en Cerdedo.Cotobade temos un bo exemplo”
O BNG votará en contra da desproporcionada suba das taxas municipais no que ten que ver co saneamento e o tratamento dos residuos, que o goberno municipal levará ao vindeiro pleno municipal, e que suporá un incremento substancial das taxas que se pagan actualmente, e que xa tiveron un forte incremento no ano pasado, no que taxa de lixo para as vivendas se incrementara un 22%. Van, pois, dous anos consecutivos de incrementos desmesurados das taxas e impostos que as veciñas e veciños de Cerdedo
Cotobade temos que pagar.
“Ao PP, cando está na oposición, éncheselle a boca a falar de reducir taxas e impostos, pero cando teñen a oportunidade de gobernar fan sempre o contrario, e en Cerdedo.Cotobade temos un bo exemplo”, afirma o portavoz municipal, Ernesto Filgueira.
Así, polo servizo de lixo unha vivenda pola que este ano pagou 45 euros vai pasar a pagarse 80 euros o ano que vén, un 78% máis, e o que hai que pagar polo IBI verase incrementado nun 7%.