Despois da rolda de contactos cos demáis partidos políticos, e unha vez reunida a comisión de seguimento do pacto de goberno, o BNG de Cambados manifesta:
➢ O actual goberno cuatripartito é neste momento a mellor opción para Cambados. Toda a actividade do BNG está orientado a que sexa un goberno cohesionado, organizado, e que funcione como é debido. As nosas propostas son e serán nesa liña.
➢ Nese sentido, lamentamos as declaracións discordantes de José Ramón Abal, que non acaba de asumir os seus límites competenciais, organizativos, e financieiros. Evidentemente, as súas prácticas son propias doutros tempos, e se as áreas que xestiona fosen asumidas polo BNG actuaríamos coa planificación, limpeza, e igualdade de trato que nos caracteriza en calquera goberno no que participamos.
➢ Estamos máis ca satisfeitos coa actividade que estamos a desenvolver nas nosas áreas, satisfacción que tamén nos traslada a veciñanza. Nalgunhas, nomeadamente en Patrimonio, atopámonos ao chegar cunha situación de parálise e abandono, que conseguimos revertir en menos da metade do mandato.
➢ Como é habitual, o Partido Popular apenas é quen de disimular a raiba que lle xenera non controlar Cambados; e así seguirá mentras dependa do BNG. Ao marxe deso, cabe preguntarse cal é o seu proxecto para Cambados. O seu apoio a proxectos lesivos para o noso tecido económico, como a Mina de Touro ou ALTRI? A súa incapacidade para xestionar unha residencia pública xa non no concello, senón na comarca? A súa falta de concreción sobre o que faría en caso de estar gobernando, e as críticas carentes de alternativas, evidencian que seguen a ser o mesmo Partido Popular sen ideas, sen proxecto, apoiado en base a propaganda, que levou ao Concello de Cambados ao estancamento do que outros intentamos recuperalo.