O BNG solicita a mellora integral da estrada que une Borela co lugar de Mirón, en Ponte Caldelas

adminON
Lectura mínima de 2

Ernesto Filgueira reclama tamén o cesión da titularidade dese treito de  vial á Deputación de Pontevedra para darlle “coherencia” 

O BNG vén de presentar unha moción no concello para  urxir a mellora da estrada que une Borela co lugar de Mirón, en Ponte Caldelas, así como o  traslado da súa titularidade á Deputación provincial, para darlle “coherencia”, en palabras do  portavoz municipal, Ernesto Filgueira. 

En días pasados, e a raiz de queixas de usuarios e usuarias, o BNG percorreu o vial que une a  EP-0407 coa EP-0204, entre Borela e Mirón para coñecer in situ a situación do mesmo e  certificar a demanda dun arranxo integral deste de vial de 3,6 quilómetros dependentes da  Xunta de Galiza e que une as dúas estradas provinciais. 

Entre as demandas veciñais, que o BNG fai súas, está a eliminación dalgunha curva, a  ampliación do radio de outras e o aumento do ancho da estrada para que poidan circular  comodamente dous vehículos en sentido contrario. Trátase dun vial polo que diariamente  pasan multitudes de coches cara Ponte Caldelas e para o polígono da Reigosa, e que é usado  para o tránsito peonil por veciños e veciñas de Borela e doutras parroquias de Cerdedo 

Cotobade. 

“Este uso peonil e o grande número de vehículos que circulan por esta estrada nos dous  sentidos, fai necesario que na mellora da estrada se extremen as medidas para garantir a  seguridade dos peóns e, polo tanto, que se adopten medidas para un calmado efectivo do  tráfico”, afirmou o portavoz nacionalista, Ernesto Filgueira. 

“Queremos que o goberno municipal impulse, co apoio de toda a corporación, a mellora deste  vial, e xestione coas administración involucradas, o seu traspaso á Deputación de Pontevedra,  porque é o máis coherente, xa que une dúas estradas provinciais”, afirmou o portavoz  nacionalista.

Comparte este artigo