HomePontevedraO BNG traslada ao Parlamento a preocupación da comunidade escolar do IES...

O BNG traslada ao Parlamento a preocupación da comunidade escolar do IES VALLE INCLÁN sobre as obras de reforma do centro

- Anuncio -spot_img

Luís Bará denuncia a falta de información da consellaría sobre o calendario das obras e a compatibilidade ou non coa actividade docente

O deputado nacionalista pregunta á Xunta se se vai trasladar a docencia e que alternativas se barallan

O BNG rexistrou preguntas parlamentares sobre as obras de reforma integral do IES Valle Inclán. O deputado nacionalista Luís Bará sinala que “A Xunta está a tramitar o proxecto das obras de rehabilitación integral do IES Valle Inclán de Pontevedra.

Esta actuación foi incluida reiteradamente nos orzamentos dos últimos anos e finalmente no mes de febreiro de 2023 adxudicouse por 4,63 millóns de euros á única empresa que se presentou á licitación”.

Segundo Bará “O estado de deterioro do edificio histórico do instituto fixo que se fose ampliando progresivamente o alcance das obras, que finalmente inclúen a reforma e rehabilitación das cubertas, limpeza e aillamento térmico de fachadas, carpintaría exterior, reforzo da estrutura horizontal, renovación de caldeiras, sistema de ventilación, abastecemento de auga, aseos, vestiarios…”.

O BNG faise eco da enorme preocupación das familias sobre o desenvolvemento das obras e a dificultade para facela compatibel coa actividade docente. A inquedanza da comunidade escolar vese acrecentada pola falta de información sobre a compatibilidade das obras coa actividade docente e as alternativas que se barallan sobre o traslado total ou parcial das clases a outro emprazamento, horarios de desenvolvemento das clases e atención a necesidades de conciliación.

Segundo Luís Bará “Non se pode entender que a estas alturas do ano, cando está a punto de rematar o curso escolar, non exista ningunha información oficial sobre todas estas cuestións”.

Por esta razón o grupo parlamentar rexistrou a seguinte batería de preguntas:
-Que calendario manexa a Xunta para o comezo e desenvolvemento das obras de rehabilitación integral do IES Valle Inclán?
-Considera o goberno galego que unhas obras destas dimensións son compatíbeis coa actividade docente?
-Ten previsto a Xunta a opción de traslado parcial ou total da actividade docente a outro edificio?

-No caso de preverse o citado traslado, que alternativas manexa a Xunta en canto a novas instalacións, grupos afectados e horarios?
-Ten previsto o goberno galego dar información á comunidade escolar sobre as previsións de desenvolvemento das obras de rehabilitación integral do IES Valle Inclán?

O deputado nacionalista sinala que “o goberno terá que responder en sede parlamentar ainda que o lóxico sería que dese a máxima información, de maneira clara e directa, ás familias e á dirección do centro”.

Publicacións Relacionadas