Home Pontevedra Caldas O BNG urxe á Xunta a que actúe, dunha vez por todas,...

O BNG urxe á Xunta a que actúe, dunha vez por todas, para poñer fin á precariedade do sistema sanitario público en Caldas

- Anuncio -

Manuel Fariña: “A situación actual do PAC está a poñer en risco, día si, día tamén, a vida dos veciños e veciñas

A madrugada do po Luns a redor das 2 da mañá, unha parella detecta que o seu fillo de moi curta idade respira con moita dificultad. Sen mais demora corren con urxencia o PAC de Caldas, e, unha vez ali, atópanse que no PAC de Caldas non ten persoal medico de garda.

O persoal de enfermería, que en un primeiro momento atende ao menor, vese sobrepasado pola patoloxía urxente do neno e, con gran profesionalidade, mantendo a calma dos seus proxenitores e o propio doente alerta á central de coordinación do 061. Mobilízanse a Ambulancia de Soporte Vital Básico con base en Caldas e ta Ambulancia de Soporte Vital Avanzado (UVI móbil) con base en Vilagarcía, Unha vez chegados estes recursos ao PAC comezan con un tratamento de urxencia o menor que resulta efectivo cara a sua doenza.

Así, o que nun principio era un risco para a vida do menor, agora tornouse nun susto para a familia. “A casualidade quixo que a esa hora e ese día a UVI móbil non estívese ocupada noutro servizo, nunha área sanitaria totalmente colapsada”, afirmou o portavoz do BNG, Manuel Fariña.

“Esta vez déronse unha serie de casualidades que non sempre se dan, e a saúde dos caldenses e das caldenses, non pode estar supeditada a que se dea unha carambalo”, dixo Fariña.

O portavoz municipal do BNG volveu insistir na necesidade de que a Xunta poña todos os
medios necesarios para que os veciños e veciñas de Caldas contemos cunha atención sanitaria pública de calidade. “A nosa saúde non pode estar a expensas do que nos atopemos cada día no PAC, a Xunta ten a obriga de garantir unha asistencia sanidade pública e de calidade, e se estamos nunha situación tan delicada é porque o goberno galego do PP leva 13 anos erosionando a mantenta a sanidade pública galega.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas