O BNG urxe o remate do vial Palleiros-campo de fútbol de Tenorio e a mellora de A Coutada, en Augasantas

adminON
Lectura mínima de 2

Ernesto Filgueira: “O voto en contra do PP non vai contra o BNG senón  contra todos os veciños e veciñas de Tenorio, Almofrei, Valongo e  Augasantas”  

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, levou  ao pasado pleno municipal unha iniciativa consensuada coa veciñanza afectada para rematar  coas obras de ensanche nos treitos que quedaron pendentes de executar tanto no vial que une  Rascadería e Palleiros co Campo de Fútbol de Tenorio coma na estrada que une A Coutada coa  PO-235 (Aguasantas-Ponte Caldelas).  

O BNG, logo de consensuar a iniciativa coa propia veciñanza, demandaba o ensanche, asfaltado  e medidas de seguridade na estrada que vai de Rascalleira-Palleiros ao campo de fútbol de  Tenorio, unha estrada que foi obxecto de mellora dentro do Plan Concellos da Deputación para  os anos 2022-2023, cun investimento de máis de 36.000 euros e unha subvención da Xunta de  perto de 48.000 euros. Nesta estrada, incomprensíbelmente, quedou sen executar un treito de  200 metros. 

Outro punto problemático do viario municipal é a estrada de A Coutada, en Augasantas, que  precisa con urxencia unha reposición do firme para eliminar as fochancas e conseguir unha  circulación segura e tranquila. 

Por desgraza, o PP, co seu alcalde á cabeza, votaron, como é habitual en contra das iniciativas  do BNG que buscaban solucións a demandas da propia veciñanza. “Non é entendíbel que Cubela  e o PP voten sistematicamente en contra das propostas do BNG, porque con isto non vai contra  o BNG senón contra todos os dos veciños e veciñas de Tenorio, Almofrei, Valongo e Augasantas,  que ven como os seus camiños se deterioran ante a pasividade e deixadez do goberno  municipal que fai ouvidos xordos ás súas demandas, afirmou o portavoz nacionalista

Comparte este artigo