Home Deputacións Deputación Pontevedra O Camiño de Sequeiros, en Gondomar, loce un novo aspecto da man...

O Camiño de Sequeiros, en Gondomar, loce un novo aspecto da man do Plan Concellos da Deputación

- Anuncio -

As actuacións foron financiadas con máis de 135.000 euros do Plan provincial e comprenderon a mellora da pavimentación e a instalación da drenaxe superficial

A Deputación de Pontevedra continúa apostando polo seu modelo de mobilidade amable, sostible e segura con actuacións como a reforma e pavimentación do camiño de Sequeiros, en Gondomar. As obras neste viario, que é unha entrada ao núcleo do municipio, foron financiadas con 135.365 euros do Plan Concellos.

Con este proxecto, Gondomar poido continuar coas actuacións que xa iniciara no camiño e que tamén foran sufragadas con outros 165.000 euros do Plan Concellos 2018-2019. Os deputados provinciais Santos Héctor e Iria Lamas xunto co alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira, e o concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Chamorro, achegáronse hoxe ata o camiño para coñecer de preto o seu novo estado.

Antes das actuacións, que tiveron un prazo de execución de dous meses, o pavimento deste camiño atopábase deteriorado e estaba degradado polo paso do tempo. Agora o camiño de Sequeiro segue o deseño paisaxístico doutros viarios do concello tras ter finalizado as diferentes obras que comprenderon, entre outras cuestións, a instalación de drenaxe superficial e a mellora da pavimentación mediante unha nova capa de rodadura.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas