O campo de fútbol da Sangriña será máis accesible para todos e todas

adminON
Lectura mínima de 2
  • As obras no campo de fútbol municipal xa deron comezo 

O campo de fútbol da Sangriña atópase en obras na súa zona de oficina e cafetería. Deste xeito, renovaranse as instalacións das oficinas, da cafetería, da taquilla e dunha sala.

O gran cambio será a pasarela que unirá a entrada coas gradas, eliminando unha das baixadas e facilitando a entrada de espectadores con mobilidade reducida, con cadeira de rodas, con carriños…

Con esta intervención, o Concello da Guarda aposta pola mellora das instalacións deportivas, non só para a práctica do deporte, senón tamén para o desfrute das familias e dos espectadores que acoden a apoiar aos equipos locais.

“Estamos moi contentos de poder darlle esta renovacións ás instalacións do campo da Sangriña, pois é un punto de encontro para desfrutar do deporte e debe ser accesible para todos e todas”, afirma o alcalde.

Actualmente, o campo municipal da Sangriña é a casa dos equipos de fútbol da Unión Guardesa e do Sporting Guardés e do equipo de fútbol gaélico de Gróvias F.G.

Esta intervención conta cun orzamento de 118.512,99€, dos cales 69.715,10€ proveñen da subvención do Plan Extraordinaro de Infraestrutruras Deportivas da Deputación de Pontevedra e os 48.797,89€ son aportación do Concello da Guarda.

O campo de fútbol da Sangriña únese ao outro proxecto de renovación deportiva na zona da Atalaia, onde se están rematando as reformas da pista multideportiva e a construcción do novo circuíto de pumptrack.

Comparte este artigo