HomeVigoPazos de BorbénO candidato socialista en Pazos, Anselmo Táboas, denuncia o verdito da Depuradora...

O candidato socialista en Pazos, Anselmo Táboas, denuncia o verdito da Depuradora de Nespereira ao río Louro

- Anuncio -spot_img

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Pazos de Borbén, Anselmo Táboas, comprobou esta tarde o vertido dunha sustancia de cor branco ao río Louro procedente da depuradora de augas residuais de Nespereira. Táboas destaca que este malfuncionamento na depuradora de Nespereira súmase aos fallos habituais que se veñen producindo na de Amoedo, supoñendo un grave dano para o medio ambiente.

O vertido comezou cara o mediodía e tivo un significativo impacto. Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e de Protección Civil. A estas horas, continúa.

Anselmo Táboas insta ao Concello de Pazos a explicar as razóns deste incidente e a corrixir de inmediato os defectos das depuradoras municipais.

Publicacións Relacionadas