O Carlos Oroza súmase á celebración dos Premios Feroz dando apoio á organización

adminON
Lectura mínima de 1

O Centro Integrado de formación profesional Carlos Oroza súmase á programación dos Premios Feroz 2025  que promove o Concello de Pontevedra, como xa ten feito a Universidade de Vigo. Nesta ocasión, a  Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) e o centro integrado asinaron un convenio  de colaboración para a formación de actividades complementarias á formación do alumnado nos eventos  dos premios Feroz.  

O acordo permitirá ao alumnado facer tarefas de organización, deseño e execución de eventos,  principalmente de recepción e acompañamento do público asistente aos eventos, presentacións e galas, así  como tarefas de apoio na organización do protocolo do programa.  

Ademais, o alumnado poderá ofrecer experiencias de degustación innovadoras e únicas sobre produtos  enogastronómicos de Galicia, que se porán no marco do proxecto “Oroza no Mercado” promovido en  convenio coa Concellaría de Promoción económica que dirixe Anabel Gulías.  

A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías considera unha excelente noticia esta colaboración xa  que un dos obxectivos da chegada dos Premios Feroz á cidade era implicar á sociedade, especialmente, ao  eido educativo que ten a posibilidade única de participar nun grande evento destas características. 

Comparte este artigo