HomePontevedraPoioO Casal de Ferreirós acolle este xoves a presentación de "Voces del...

O Casal de Ferreirós acolle este xoves a presentación de “Voces del Mar de Galicia”

- Anuncio -spot_img

O Casal de Ferreirós, na parroquia de San Salvador, acollerá
este vindeiro xoves, día 8 de xuño, a presentación do libro ‘Voces del mar de Galicia’.
Trátase dunha obra realizada pola investigadora, psicóloga e escritora do Brasil Wecia
Mualem, na que explica a realidade da vida no mar en Galicia, así como a relación e o
vínculo da veciñanza e as súas experiencias no sector. Esta investigación desenvolveuna
analizando a situación dos traballadores e traballadoras deste ámbito na provincia de
Pontevedra.
Logo da súa publicación na súa país de orixe, Mualem dá a coñecer o seu traballo en
Galicia e, máis concretamente, en Poio, agradecendo a implicación das confrarías e do
Concello. ‘Voces del mar de Galicia’ consta dun prólogo, notas introdutorias, sete
capítulos e as consideracións finais.
A cita no Casal de Ferreirós será con entrada libre e na súa organización colabora a
Concellería de Turismo.

Publicacións Relacionadas