• A inauguración da mostra, con obras artista Mila Alonso, terá lugar este xoves, 3 de novembro, a partires das 20.00 horas
• Esta actividade forma parte da programación deseñada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
O Casal de Ferreirós, na parroquia de San Salvador, acollerá este xoves, a partir das 20.00 horas, o acto de inauguración da exposición ‘Mans de Muller’. Trátase dunha mostra elaborada pola artista Mila Alonso, que permanecerá aberta ao público ao longo de todo o mes de novembro nestas dependencias municipais.
Esta iniciativa forma parte da campaña que desde a Concellería de Igualdade, dirixida pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), e o Centro de Información á Muller (CIM), organizan para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Mila Alonso é licenciada en Belas Artes e conta unha ampla experiencia no mundo artístico. Desde finais dos anos 80 ten participado nun gran número de exposicións, tanto a nivel individual como colectivo, en diferentes concellos de Galicia. Silvia Díaz sinala que nos vindeiros días darase a coñecer toda a programación da campaña do 25-N, que, un ano máis, ofrecerá iniciativas dirixidas ao tecido, social, asociativo e educativo do municipio.



