HomePontevedraPoioO Casal de Ferreirós acollerá este vindeiro venres unha charla coloquio da...

O Casal de Ferreirós acollerá este vindeiro venres unha charla coloquio da fotoperiodista Anna Turbau

- Anuncio -spot_img

• A iniciativa terá lugar ás 20.00 horas e está organizada pola Concellería de Igualdade e incluirá tamén a proxección do documental ‘A mirada de Anna’

• A tenente de alcalde e edil da área, Silvia Díaz (Avante Poio), destaca a traxectoria de Turbau, un referente do fotoperiodismo que en 1976 documentou a construción das vivendas do Vao proxectadas por César Portela

A Concellería de Igualdade, dirixida pola tenente de alcalde, Silvia Díaz (Avante Poio), informa de que o vindeiro venres, 20 de xaneiro, a partires das 20.00 horas o Casal de Ferreirós (San Salvador) acollerá unha charla coloquio a cargo da fotoperiodista Anna Turbau. Ademais da súa intervención, tamén se proxectará o documental ‘A mirada de Anna’. Turbau é un referente dentro do sector da comunicación, cunha dilatada carreira profesional na que destaca o traballo de campo que levou a cabo a mediados da década dos 70, cando en 1976 levou a cabo o proceso de documentación da construción das primeiras vivendas para familias de etnia xitana construídas no núcleo do Vao. Tal e como lembra Díaz, este foi un proxecto impulsado por César Portela e Pascuala Campos.

“Este encontro supón unha gran oportunidade para poder coñecer de primeira man as vivencias e experiencias polas que pasou Anna Turbau durante a súa estancia entre nós”, explica a concelleira de Igualdade, que confirma que a entrada será libre ata completar aforo. Durante a súa extensa carreira profesional, a fotoperiodista catalana proxectou máis de 10.000 imaxes, que no ano 2017 foron doadas ao Consello da Cultura da Cultura Galega e que serviron para impulsar a publicación dun libro que fai un repaso sobre a súa obra.

Ademais do traballo de campo realizado no Vao, Turbau tamén é coñecida por cubrir outros fitos de carácter social, como o conflito da construción da autoestrada, a situación das mariscadoras ou do psiquiátrico de Conxo. “Foi unha pioneira na escolla de temáticas pegadas á realidade social”, indica Silvia Díaz Anna Turbau tamén traballou de corresponsal para diferentes medios de comunicación.

Moitas das súas instantáneas foron expostas, cunha gran acollida, en diferentes ciudades de Galicia nos últimos anos.

Publicacións Relacionadas